Act. Complementarias
Visita de Miguel Villar , da directiva da asociación de empresarios de Negreira ENE, ao ciclo medio de Actividades Comerciais. Coñeceu a aula de escaparatismo e charlou co alumnado e o profesorado na aula de informática, informándose da campaña "A un paso de ti" para visibilizar en internet ás pemes e comercios de Negreira. Ao final comentou que levaba unha moi boa impresión do alumnado e que ENE colaboraría coa campaña enviando información da mesma aos seus asociados.
Hoxe participaron en Santiago de Compostela na Olimpiada Matemática de 2º ESO (FASE SECTOR), foron acompañados pola profesora Ana Pensado Louzao, os resultados da proba saen o 7 de maio. MOITA SORTE.
A Olimpiada consistiu en resolver 5 problemas deste tipo: