Lingua galega e Literatura
O alumnado de 3º de ESO traballou durante o segundo trimestre a época do Renacemento nas materias de Xeografía e HIstoria, Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Inglesa. Ao longo do trimestre foron elaborando unha serie de pósters, tanto traballando en grupo como de forma individual, recabando información en diferentes páxinas web, compartíndoa a través da Aula VIrtual e utilizando a aplicación Postermywall. Aquí tedes unha pequena mostra do resultado, que en breve poderedes contemplar en forma de exposición nos corredores do centro.
Podedes descargar aquí os pósters en formato PDF
O diario "El Correo Gallego" e a web do concello recollen a excelente noticia.
Noticia en El Correo Gallego 1
O vindeiro luns día 9 de abril o noso alumnado participará na fade de zona do club de Debate en Teo. Participarán un total de 18 alumnos/as de 3º e 4º ESO e 1º BAC, saído do centro ás 8:45 e regresando a Negreira ás 20:30
"A historia das nosas avoas" recolle unha serie de relatos onde o alumnado de 3º de ESO plasma a infancia e as vivencias das súas avoas, o que lle permite comparar as condicións de vida actuais coas de hai 60 anos. Como ben dí a coordinadora do traballo, Nuria Araújo:
"Sen elas a historia sería outra. A do país e especialmente a nosa. Co seu traballo cotián, sen vacacións, conseguiron sacar adiante as súas familias e darlles o que elas apenas tiveron: varios pratos diferentes de comida ao día, educación en escolas todo o tempo necesario, asistencia médica, tempo de lecer... E máis que nada a posibilidade de facer na vida o que se desexa de verdade. De todo iso foron privadas, ou renunciaron para que hoxe nós teñamos máis ao alcance da man os nosos desexos.
E nós queixámonos, de case todo. De madrugar, de estudar, de facer mínimas tarefas sen movernos case da casa, dunha casa con todas as comodidades que elas non disfrutaron. E con demasiado tempo de lecer que parece que aproveitamos cada vez peor, mergullados nun mundo que nos contan outros a través de todo tipo de pantallas. Xa non nos gusta a vida en directo. Esa que elas protagonizaron.
Ao tempo que traballaban arreo, falaban cos amigos e veciños, con toda a familia, dispostas a colaborar no que fixese falta, aquí e ás veces moi lonxe, en Suíza, Venezuela, Colombia... Coñeceron moitos mundos nos seus propios escenarios, sobre o terreo, non por imaxes retransmitidas por outros en soportes dixitais. Viviron e moitas viven para ensinarnos a ir en persoa a aqueles lugares que soñamos.
E para que non se nos esqueza que debemos andar paso a paso o noso propio camiño, aquí están algunhas das viaxes delas. Quixemos recuperalas porque foron protagonizadas polas nosas auténticas heroínas, non polas dos filmes, que xamais foron reais. Estes guións semellan de película, mais non o son. Están escritos desde a verdade do que aconteceu nas nosas casas. Que a luz e a calor das nosas vellas lareiras nos guíen nos camiños que debemos percorrer. Por elas."