Música
O luns 13, martes 14 e mércores 15 deste mes varios grupos de ESO e Bacharelato poderán asistir a unha serie de concertos didácticos.
Onte no Salón de Plenos do Concello de Negreira foron entregados os diplomas a unha nova promoción do alumnado mediador, no acto de entrega estiveron presentes o Alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, o director, Adelino José Pose Reino, a orientadora, Begoña Cortés Ferro, a coordinadora do servizo de mediación, Kety Lois Salgado,e 18 alumnos e alumnas de 2º ESO que o ano pasado recibiron o curso de formación. A partir de agora incorporanse a este servizo, damoslle a benvida e desexamoslle os maiores éxitos no traballo complicado que teñen que realizar.
Para ver fotos da entrega clicar na imaxe:
O Salón de Plenos da Casa do Concello acolleu hoxe a entrega de diplomas a unha nova promoción de alumnado do Servizo de Mediación do Instituto Xulián Magariños, nun acto presidido polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño e no que tamén participou o director do IES, Adelino Pose Reino, así como as profesoras Begoña Cortés e Kety Lois, do Departamento de Orientación.
Para ver a noticia completa clica na seguinte imaxe:
Para ver algunas fotos dos IV Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva celebrados no IES Fraga do Eume (Pontedeume), clicar na seguinte imaxe:
Hoxe e mañá representantes do alumnado do Servizo de Mediadores do Centro, a coordinadora do Servizo, Kety Lois Salgado, a orientadora, Begoña Cortés Férro e o director Adelino José Pose Reino participaran nestes IV Encontros. Esperamos que teña moito éxito.
ACTIVIDADE totalmente organizada desde os Centros desde que se iniciaron, e no que participan profesorado, alumnado, pais e nais de máis de 25 Centros de toda Galicia.
IES FRAGA DO EUME (PONTEDEUME)