Últimas novas
O vindeiro martes, 14 de setembro, pola tarde, terán lugar as tradicionais reunións informativas para as familias do alumnado de 1º ESO.
Debido á limitación de aforo do salón de actos obrigada polo protocolo sanitario, celebraranse en 3 quendas en correspondencia cos grupos de alumnado existentes pudendo asistir únicamente UNHA PERSOA por familia. Pregase que o alumnado NON asista á reunión xa que o día seguinte terán unha xornada de presentación específica. Os asistentes esperarán fora do centro ata ser chamados.
O horario será o seguinte
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO A : 18:00 horas
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO B : 18:30 horas
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO C : 19:00 horas
Poden consultar en que grupo está incluído o alumnado no seguinte documento de asignación de grupos
A promoción 2015-2021 (XXXIX Promoción) remata os seus estudos no noso centro e comeza unha nova etapa nas súas vidas. Con motivo da súa graduación celebrouse un emotivo acto que estivo magníficamente conducido polos alumnado de 2º BAC Benigno e Carla e que nos permitiu disfrutar do excepcional talento musical de Andrea, Rafael, Reyes e Lara.
Interviron no acto a directora do noso centro Clara Cristela Rodríguez, a madriña da promoción Susana Madera e por parte do alumnado Iria Lira e Rocío Santander.
Despedimos con moito cariño a esta magnífica promoción de alumnos, brillantes académicamente pero aínda mellores persoas. Parabéns e moitísima sorte. Aquí sempre teredes a vosa casa.
O pasado venres fixémoslle unha merecida homenaxe aos tres compañeiros xubilados ao longo deste ano académico: Pedro, María e Juan. A situación sanitaria non nos permitiu celebrar unha comida todos xuntos, como era costume, pero alomenos tivemos tempo de conversar e que nos contaran en que andan a traballar agora. E tamén lembramos á nosa querida excompañeira, Sofía Noya, recentemente falecida.
Queremos agradecer aos @atrevidosdebarcala, ex-alumnos nosos, a súa colaboración para amenizar este encontro.
1.PROCESO DE RESERVA DE PRAZA (REMATADO)
Finalizado o proceso de reserva de praza dos alumnos procedentes de centros adscritos, informamos que todas as solicitudes presentadas desde os centros adscritos para 1º de ESO e 1º de Bacharelato, foron admitidas.
2. PROCESO DE ADMISIÓN (PECHADO)
ACTUALIZACIÓN: todo o alumnado que solicitou praza neste centro está admitido. Non é necesario que acheguen ningunha documentación. Terá que facer a formalización da matrícula, como o resto do alumnado a partir do 22 de xuño (informarase das datas concretas nesta web no seu debido tempo).
O prazo de admisión de alumnado procedente doutros centros educativos (non adscritos) era entre o 1 e o 22 de marzo.
INSTRUCIÓNS e ligazón á aplicación da Consellería para cubrir a solicitude
Postos escolares ofertados e vacantes
CURSO | Prazas ofertadas | Vacantes |
1º ESO | 90 | 10 |
2º ESO | 90 | 6 |
3º ESO | 90 | 28 |
4º ESO | 90 | 44 |
1º BAC CIENCIAS | 33 | 5 |
1º BAC HHCCSS | 33 | 3 |
2º BAC CIENCIAS | 33 | 19 |
2º BAC HHCCSS | 33 | 8 |
MOI IMPORTANTE
Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar; a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
INFORMACIÓN SOBRE O NOSO CENTRO
O proxecto educativo, as Normas de organización, funcionamento e convivencia, o plan de actividades complementarias e extraescolares e outros documentos de interese poden consultalos na nosa web nesta ligazón.
Poden seguir o día a día do noso centro nesta web e no noso espazo nas redes sociais (Facebook)
- ESO: ALUMNADO QUE REMATOU NO CURSO 2017/2018
- BACHARELATO: ALUMNADO QUE REMATOU NO CURSO 2017/2018
- FP BÁSICA: ALUMNADO QUE REMATOU NO CURSO 2017/2018
- COMERCIO: ALUMNADO QUE REMATOU NO CURSO 2017/2018
- ASI/ASIR: ALUMNADO QUE REMATOU NO CURSO 2017/2018
AS PERSOAS INTERESADAS EN RECOLLER O TÍTULO CHAMEN PREVIAMENTE AO CENTRO PARA CONCERTAR CITA. (PROTOCOLO COVID)
OS TÍTULOS PÓDENSE RECOLLER BEN PERSOALMENTE OU POR OUTRA PERSOA COA AUTORIZACIÓN ASINADA (descargar modelo de autorización)
Coa colaboración da ANPA acaba de instalarse unha gran carpa de 300 m2 no patio dianteiro do centro que mellorará a seguridade e confort do alumnado. Agora será mais doada a práctica de actividade física no exterior e o mantemento da distancia de seguridade durante os perçiodos de recreo nos días de chuvia e vento, xa que a marquesiña orixinal do centro resultaba pequena.
Onte e hoxe procedeuse ao reparto das máscaras para o alumnado, adquiridas en base ao Fondo de Reserva de Garantía Educativa, distribuídas seguindo o establecido na Orde do 6 de novembro de 2020. Se algún alumno/a que tivera dereito a elas non as recibiu por non ter acudido ao centro pode solicitalas á volta do período vacacional.
CAMPAÑA DE ALIMENTOS: MARTES SOLIDARIOS
Queridas familias:
O alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo formativo de formación profesional básica en Servizos Comerciais vén de preparar e organizar a conmemoración do 20 de Novembro, Día Universal da Infancia, para concienciar a Comunidade Educativa de que é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
E por isto aproveitamos o momento actual que estamos a vivir para pór en marcha a Campaña de Recollida de Alimentos da Infancia-Negreira 2020. Debido ás medidas hixiénicas-sanitarias, a Campaña de Alimentos vaise facer baixo o formato de “Martes Solidarios”, de tal xeito que unicamente serán os MARTES os días habilitados para traer os alimentos e produtos de primeira necesidade, comezando o 24 de Novembro e rematando o 15 de Decembro.
Dentro dos alimentos e produtos de primeira necesidade infantís que máis escasean e teñen unha grande demanda son leite, potitos, galletas, cereais, cueiros, toallitas, xabón, …
Agradecervos de antemán a vosa axuda e colaboración.
MOITÍSIMAS GRAZAS.
Informamos que a aula virtual xa está funcionando. Os titores/as dos grupos proporcionarán ao alumnado o seu usuario e contrasinal para poder acceder ao material das diferentes materias.
A aula virtual do centro tamén se pode seguir dende teléfono móbil coa aplicación oficial MOODLE descargable en Play Store ou App Store de Apple.
AVISO PARA O ALUMNADO DE 1º ASIR e 1º SMR (CAMBIOS: ACTUALIZADO 30/9 ás 17:30)
Debido a que a un día do peche da matrícula en 1º de ASIR o número de inscritos é de 30, e ante a imposibilidade de manter as medidas de seguridade unicamente con mamparas de metacrilato, o alumnado deberá ter as clases en modo semipresencial.