Na prensa
O Faro de Vigo recolle as declaracións do director do noso centro sobre as posibles modificacións á LOMCE
O diario santiagués informa sobre o concerto que tivo lugar o pasado día 21 no auditorio de Negreira para alumnado e profesorado do noso centro.
O director do IES Xulián Magariños, Adelino Pose Reino, e mailo profesor de Historia, X. Amancio Liñares Giraut, explicaron en Radio Negreira (107.0 FM), o interesante que resulta para o centro este proxecto, cuxos autores serán os alumnos de Historia, de Primeiro e Segundo de Bacharelato do Xulián Magariños, coordinados polos profesores: Nuria Araúxo García; María Blanco Crespo; X. Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey, dos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia.
Fotos da actividade teatral " Cousas" de Castelao no Auditorio do Centro Sociocultural de Negreira a que asistiron alumnado de 3º e 4º de ESO de noso Centro e alumnado do IES de Brión.