Instruccións para acudir ao centro a presentar as solicitudes do Fondo solidario de libros, recoller material escolar e fianza das taquillas
O alumnado que deba acudir ao centro a entregar a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto, recoller material escolar que deixara no centro ou teña que devolver a chave e recuperar a fianza das taquillas deben seguir as instruccións adxuntas:
Con elas trátase de escalonar a presencia das familias no centro e evitar aglomeracións e viaxes innecesarias.
Instrucións para solicitar o Fondo Solidario de libros de texto
Formulario precuberto de exemplo
Calendario cos días que debe acudir o alumnado de cada curso
É obligatorio o uso de mascarilla, desinfectar as mans con xel hidroalcohólico ao entrar, gardar as distancias de seguridade e seguir as indicacións do persoal do centro. Agradecemos a colaboración do alumnado e das familias para levar a cabo este proceso.
O alumnado que levara libros en préstamo da Biblioteca tamén pode aproveitar para devolvelos.
POLO TANTO, A SEMANA QUE VEN VIRÍA POLO CENTRO:
Luns 8 de xuño: Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras H-P
Martes 9 de xuño : Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras Q-Z
A partir do mércores acudirá o alumnado de 4º ESO que teña que recoller material ou devolver libros da biblioteca
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instrucións para solicitar o fondo libros-1.pdf | 108.09 KB |
impreso fondo libros xm-2-5_rotated.pdf | 1.37 MB |
calendario de acceso.pdf | 114.36 KB |
calendar.png | 204.37 KB |