O IES Xulián Magariños solicita a implantación do ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. Temor a que finalmente non sexa autorizado
Escrito da dirección do centro para solicitar o ciclo de Atención á Dependencia..
Pode descargar o arquivo en formato PDF aquí.
O Concello de Negreira apoia a solicitude.
13/3 No pleno celebrado onte no Concello de Negreira aprobouse a solicitude de apoio do IES Xulián Magariños para a incorporción do Grao Medio de Atención a Persoas en situación de Dependencia á ofera educativa comarcal.
O concello de A Baña apoia a solicitude.
29/3 O pleno Municipal de A Baña aproba por unanimidade que se potencie a oferta educativa do IES Xulián Magariños coa incorporación do ciclo medio de Atención a persoas con dependencia. (ver nova na web municipal)
Motivos para solicitar a implantación do novo ciclo.
9/2 O noso director explica as razóns polas que un novo ciclo de FP de Atención a Persoas Dependentes sería moi positivo para a comarca e a vila de Negreira. Hai espazo e sobre todo existe demanda e posibilidades de traballo para o alumnado que curse o ciclo.
Temor a que non se autorice o ciclo solicitado
A 12 de xuño aínda non hai confirmación de que se vaia autorizar impartir ese novo ciclo na comarca Barcalesa, o cal significa que probablemente a solicitude sexa denegada
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ciclo_at_per_dep.jpg | 55.82 KB |
apoio_negreira_18.jpg | 45.26 KB |
FP_CM_DEPENDENCIA_IES_NEGREIRA.pdf | 54.52 KB |