Premio de innovación educativa "Desafíos STEM: Programación, robótica e impresión 3D"
O proxecto "Nicradome: Sistema de conectores rápidos para ensamblado de cúpulas xeodésicas" ven de obter o premio Desafío Impresión 3D na categoría senior nos Premios de Innovación Educativa "Desafío STEM" convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Parabéns a todo o alumnado da materia de Modelado e Impresión 3D do curso 2016-2017 e especialmente a Fátima Fathallah, Miguel Ángel Corral, Miguel Blanco e Brais García, titorizados polo profesor Jesús García.
Deseñouse un sistema de 26 conectores imprimible nas impresoras 3D do instituto, fácilmente escalables e adaptables a todo tipo de listón cadrado de madeira, de xeito que permiten a rápida montaxe de cúpulas xeodésicas de tipoloxía 2V de tamaño variable.