Dúas alumnas premiadas no XIV Certame Literario do Concello de Ames
A este prestixioso certame presentáronse 129 obras.
Na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) a gañadora foi Iria Freire, do IES Xulián Magariños de Negreira, coa obra Unha gaiola para a luz. A segunda clasificada foi Ana Barros, de Marín, coa peza Bala Perdida, e na terceira posición quedou Lucía Fuentes, tamén de Negreira, co traballo A vida de Marta.
Parabéns a todos/as os/as premiados/as e moi especialmente a Iria e Lucía.