Convócanse os premios extraordinarios de Bacharelato 2016-17
O alumnado que remate Bacharelato neste curso 2016-2017 cunha media superior a 8,75 pode presentarse a estes premios dotados cun importe de 1000 € e a exención de pagar a matrícula do primeiro curso nunha universidade pública. A participación consistirá nunha proba estruturada en dúas partes.
O prazo de presentación comeza o 5 de maio e remata un mes despois. Tedes toda a información na Orde de convocatoria.