Gañadores do Club de Debate 2017 !!
Por segundo ano consecutivo o noso centro resultou o brillante vencedor do Club de Debate 2017 na final celebrada, o pasado sábado 6 de maio, no Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela. O tema da final foi "O futuro da lingua depende da mocidade", tese que tiveron que defender a prol (fronte ao IES Leixa, de Ferrol) e en contra (fronte ao IES Luís Seoane).
O equipo estaba formado por: Raúl Cobas Campos e Cristina Campos Castro (de 3º ESO); Alba Espasandín Vázquez, María Lema Barca, Jonathan Blanco Vieites e David Vigo Pena (de 4º ESO); e José Caamaño Noya, Alejandro Rodríguez Becerra, Alba García Mato, Candela Fernández Carballo e Fátima Fathallah Ezzine (de 1º de Bacharelato). A coordinadora do equipo foi María Blanco Crespo, do Departamento de Lingua e literatura Galega.
Parabéns para todo o equipo polo seu esforzo e traballo, así como pola súa actitude humilde e respectuosa durante toda a xornada. Sentimos moito orgullo por este premio. Felicitacións tamén aos demais equipos participantes polo alto nivel demostrado ao longo da competición.