Grande afluencia de público na Feira das profesións
O xoves 4 de maio tivo lugar a Feira das Profesións 2023 organizada conxuntamente polos departamentos de orientación do IES Xulián Magariños, do IES de Ames e do IES de Brión. Contou coa presenza dun importante número de expositores entre os que contamos con universidades, CIFP, IES, CFEA, etc., así como con profesionais individuais de diferentes campos que achegaron ao alumnado o día a día das súas respectivas ocupacións.
O evento tivo lugar na Sala de Usos Multiples do IES de Ames e o horario é o seguinte:
De 10 a 14 horas asistencia do alumnado dos tres centros educativos.
De 16 a 18:30: Xornada de Portas Abertas para todo o alumnado e familias dos centros da contorna que quixeron asistir.
Ás 18:30 acto de clausura.
Repercusión nos medios de comunicación
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Captura de pantalla 2023-04-29 170146.jpg | 29.63 KB |