Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Acaba de saír publicada a Orde de 6 de maio de 2021 que regula a participación nesta convocatoria. INSTRUCIÓNS XERAIS (RESUMO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN) Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros de texto a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e axuda para material escolar por valor de 50€, e 4 libros de texto para rentas inferiores a 10000€ per cápita. Lembramos que un requisito imprescindible para poder recibir estas axudas e os libros en réstamo é a devolución en bo estado dos libros que foran prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento de devolución. AVISO PARA ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 1º ESO: O IES Xulián Magariños foi admitido no proxecto EDIXGAL polo que segundo o artigo 1.2 da convocatoria está excluído da participación no Fondo Solidario de libros pero sí pode solicitar a axuda para material escolar se reúne os requisitos. PRAZO : O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño de 2021. COMO CUBRIR OS DATOS NA SOLICITUDE: Ver PDF adxunto PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES Recomendamos encarecidamente empregar a aplicación informática FONDO LIBROS https://www.edu.xunta.es/fondolibros para xerar e cubrir os datos da solicitude. Para facelo terán que identificarse na aplicación pulsando o botón verde da esquina superior dereita. No caso de que non poidan presentalas pola sede electrónica, as datas para a presentación de solicitudes no centro serán escalonadas por protocolo COVID segundo o seguinte calendario e en horario de 9:30 a 14:00 horas.
Unha vez completado o impreso de participación na aplicación informática a solicitude numerada pódese presentar :
Se por calquera motivo non pode cubrir a solicitude en Internet , na conserxería do instituto existen copias en papel que poden pasar a recoller.
O pasado venres fixémoslle unha merecida homenaxe aos tres compañeiros xubilados ao longo deste ano académico: Pedro, María e Juan. A situación sanitaria non nos permitiu celebrar unha comida todos xuntos, como era costume, pero alomenos tivemos tempo de conversar e que nos contaran en que andan a traballar agora. E tamén lembramos á nosa querida excompañeira, Sofía Noya, recentemente falecida. Queremos agradecer aos @atrevidosdebarcala, ex-alumnos nosos, a súa colaboración para amenizar este encontro. A promoción 2015-2021 (XXXIX Promoción) remata os seus estudos no noso centro e comeza unha nova etapa nas súas vidas. Con motivo da súa graduación celebrouse un emotivo acto que estivo magníficamente conducido polos alumnado de 2º BAC Benigno e Carla e que nos permitiu disfrutar do excepcional talento musical de Andrea, Rafael, Reyes e Lara. Interviron no acto a directora do noso centro Clara Cristela Rodríguez, a madriña da promoción Susana Madera e por parte do alumnado Iria Lira e Rocío Santander. Despedimos con moito cariño a esta magnífica promoción de alumnos, brillantes académicamente pero aínda mellores persoas. Parabéns e moitísima sorte. Aquí sempre teredes a vosa casa.
A partir do vindeiro curso 21-22 entramos a formar parte do proxecto EDIXGAL. A posta en marcha do proxecto será paulatina comenzando por 1º ESO. Polo tanto a partir de setembro os estudantes de 1º ESO xa empezarán a traballar cos libros e material dixital e cos ordenadores portátiles (para uso persoal e educativo) proporcionados polo proxecto. Iráse extendendo progresivamente ano a ano hasta 4º ESO no ourso 24-25. Para saber máis do proxecto EDIXGAL clica aquí Artigo na "Voz de Galicia" con información para as familias sobre EDIXGAL |