Eventos
Mañá é o día de Europa. Queredes probar os vosos coñecementos xeográficos sobre a Unión Europea? Aquí tedes un pequeno xogo que programamos na materia de Programación, de 2º ESO.
O equipo do Club de Debate outro ano máis gaña a Gran Final Galega de Clubs de Debate. Noraboa ao alumnado participante, á preparadora Sara Porrit, a delegada do centro María José e a todos os participantes nesa festa da palabra. Queremos agradecer tamén o incondicional apoio dos compañeiros e familiares que acompañaron o equipo a Pontevedra.
Infómase das datas dos exames finais do 2º curso do Ciclo Básico de Servizos Comerciais:
Ciencias Aplicadas : 7 de xuño
Módulo Aplicacións Basicas Ofimática : 10 xuño (8:45 aula FP Básica)
Módulo Preparación de pedidos e venda de produtos : 12 xuño (8:45 aula FP Básica)
Matemáticas: 14 de xuño
Ámbito comunicación e Sociedade : 19 de xuño
Con motivo do día das Letras galegas 2019 adicado a Antón Fraguas os departamentos de Galego e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística expoñen diversos traballos realizados polo alumnado sobre a vida e obra deste destacado historiador e etnógrafo e sobre Luis Seoane.
Así mesmo expoñen, no corredor de acceso á biblioteca unha serie de posters que tamén glosa a obra de Antón Fraguas.
Non queremos esquecer outras actividades organizadas arredor da festividade do Día das Letras Galegas como foron a participación no Correlingua 2019 e a asistencia á obra de teatro "made in Galiza" de Sechu Sende feita pola compañía "Os Quinqulláns"
IMPORTANTE: Aberto o prazo de solicitude para participar no Fondo Solidario de librosde Texto e para axudas económicas para adquisición de libros de texto e material escolar.
Como en anos anteriores aplícase a alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO
O prazo de solicitude remata o día 21 de xuño.
A Xunta convoca axudas económicas ao alumnado de Formación Profesional que realiza a formación práctica en centros de traballo ou cursa FP Dual.
Aquí podedes ler un ameno artigo das alumnas Noelia Liñares Mayo e Milena Silva Antelo de 2º de bacharelato, titorizadas polo profesor Ignacio Romero, onde comparan a vida cotiá actual coa dos seus avós. Cómo cambian os tempos!!
O talento do noso alumnado non deixa de darnos alegrías. A alumna de 4º ESO , Iria Sánchez del Río foi premiada co 2º premio de narrativa no Certame Literario Concello de Ames, co relato titulado "O vestido vermello". Foron 176 traballos presentados así que moitos parabéns para Iria. O certame literario Concello de Negreira otorgou o 1º premio á alumna Lara López Suárez, que se presentou co conto "Atada por amor" , una fermosa historia que nos leva á época de Almanzor no ano 968 e na que se narra a historia de Subh, una concubina valente exemplo de superación e optimismo. O 3º premio foi outorgado a Andrea Losada, alumna tamén de 4º de ESO polo conto "As costureiras de Mondoñedo".
O alumnado do noso centro fixo pleno no certame de pintura do Concello de Negreira. Os tres premios da categoría 13-18 anos foron a parar a Paola Enjo, María Lista e Julián Rey, alumnos de 1º BAC, 1º ESO e 3º ESO respectivamente. Noraboa e que sigades a perfeccionar a vosa formación artística.
Moitos parabéns a este alumnado que demostra como traballando duro se consiguen os triunfos.
Lamentamos informar que a partir da vindeira semana nos vemos obrigados a suspender as actividades de PROA e de reforzo das competencias clave en 3º e 4º de ESO que se celebraban no IES polas tardes, dado que a Consellería non vai mandar substituta/o para a conserxe que temos de baixa. A EOI tentará seguir desenvolvendo o seu traballo nestas difíciles condicións, sendo os seus profesores os encargados de abrir e pechar o centro durante o seu horario.
Unha boa noticia para o noso alumnado: atendendo ás peticións da comunidade educativa a Consellería reconsiderou a súa decisión e finalmente teremos novo/a conserxe a partir de hoxe. As actividades de PROA e reforzo das competencias clave retomaranse a partir de mañá, mércores, no seu horario habitual.
Con motivo do día do Medio Ambiente o alumnado de 1º de ESO participou nunha recollida colectiva de residuos plásticos. En menos dunha hora se recolleron 7 sacos grandes de restos de plásticos!
Ademáis inauguramos unha nova zona axardinada no recinto do centro que servirá como patio-xardín e prantamos varios árbores frutais que nos proporcionarán froita fresca e sombra.
Circular con información para solicitude de transporte escolar no curso 19-20 e de ser o caso solicitude de novas paradas de autobús.