Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Hoxe "estrenamos" cafetería. Nova pintura, decoración e mobiliario. E próximamente espazo de exposicións temporais. Que vos parece? Acto de inauguración do curso 20198-2019 coa presentación do IX premio de investigación científica e conferencia de Dna. Pilar Bermejo, decana da facultade de Química da USC titulada "metales y vida". Interesantísimo descubrir como dependendo da concentración e enlace químico, determinados metais e semimetais (Arsénico, selenio, mercurio etc. poden ser elementos esenciais para a vida ou presentar elevada toxicidade). Hoxe, durante o acto de inauguración do curso 18/19, presentouse o IX Premio de investigación do IES Xulián Magariños, este ano amadrinado por Dna. Pilar Bermejo Barrera, decana da facultade de Química da USC. Este premio, dotado con 300 €, está destinado a alumnado do IES Xulián Magariños que estea cursando 4º ESO, Bacharelato ou ciclos formativos medio e superior. O prazo de entrega dos traballos rematará o 1 de maio de 2019. Podedes consultar as bases no seguinte enlace.
|