Eventos
ÚLTIMOS DÍAS PARA PRESENTAR AS PROPOSTAS A CONCURSO.
O alumnado ao que lle guste o deseño gráfico ten a oportunidade de amosar o seu talento deseñando o logotipo para o IES Xulián Magariños.
Tedes de prazo ata o 25 de maio, así que animádevos!
Mañá venres, 25 un equipo composto por 4 alumnas de 4º de ESO, acompañadas do profesor Amancio Liñares, participarán na I olimpiada galega de Historia na facultade de Historia do campus de Ourense. Moita sorte!
P.D:O noso equipo chámase O Kalivera 30 H. P. (nome dunha das novelas curtas do escritor Xulián Magariños Negreira).
Adxúntase nota informativa sobre as probas do Réxime Libre do ciclo de Comercio
Mais información sobre o réxime de proba libre
O alumnado de 3º de ESO dentro das actividades organizadas polo departamento de Tecnoloxía, preparou unha exposición sobre os materiais plásticos e a súa problemática actual. Nela se poden ver os diferentes tipos de plásticos de uso común, as súas características, as razóns polas que se están a converter nun problema global e o mellor de todo: unha colección de obxectos realizados a partir de plásticos reciclados que nos aportan ideas para darlles un segundo uso a eses materiais antes de botalos ao lixo.
POR FAVOR, en ben do planeta e de todos nós, reduzcamos o uso dos plásticos e colaboremos na súa correcta reciclaxe.
IMPORTANTE: Achégase circular informativa para as familias sobre a Avaliación Final de ESO.
IMPORTANTE: Achégase circular informativa para as familias sobre a Avaliación Final de ESO.
Máis comentarios alabando a publicación do libro "Xente e Terra de Barcala: letras da mocidade" coordinado dende os departamentos de Xeografía e Historia e Galego. Desta vez trátase do profesor e crítico literario Armando Requeixo, a quen agradecemos dea visibilidade a ese traballo colectivo, digno de admiración e eloxio.
Achegamos os modelos de impreso de solicitude de matrícula para o curso 2018/2019 onde se poden consultar as materias ofertadas e posibles itinerarios académicos.
IMPRESOS
Temos a comunicación oficial dun novo premio, esta vez no programa “apuntámonos a non beber” dentro do Plan Proxecta. Gañamos xunto co centro “irmán”, IES Carlos Casares de Viana do Bolo, doble alegría. Parabéns a 1º ESO B e a súa titora polo bo traballo!!!
Aquí vos deixamos o traballo gañador, un excelente exemplo de contrapublicidade.
IMAXE ORIXINAL
IMAXE MODIFICADA
Contrapublicidade: Bacardí Mojito
Para esta campaña escollimos unha foto dun anuncio de ron da marca Bacardí, a bebida en cuestión chámase Bacardí Mojito.
En primeiro lugar quixemos facer un xogo de palabras co nome da propia bebida e por iso cambiamos o nome de "mojito" por "ojito" decorando a palabra con dous ollos de lince ben abertos. Estes representan o vulnerables que podemos chegar a ser se non "andamos con ollo" e nos deixamos levar polo alcol.
Por outra parte, chamounos a atención a beleza da protagonista do anuncio, unha muller xove e atractiva, cuns labios carnosos e unha lingua sensual. Substituimos a lingua sensual por unha serpe velenosa que simboliza os perigos do alcol. A serpe que escollimos é unha serpe bonita, pequena, non da medo, nin noxo, pero o veleno que leva dentro é tan destructivo coma a bebida alcólica que nos queren vender no cartaz.
Por último, no anuncio orixinal poden verse os diferentes pasos para realizar un mojito. Nós cambiamos estes pasos por mensaxes estremecedoras sobre os efectos do alcol no organismo.
Faise público o calendario escolar do curso 2018-2019.
Como novidade máis salientable o adianto das probas extraordinarias de 2º de bacharelato que pasan de setembro a realizarse entre o 17 e 21 de xuño de 2019.
CONSULTAR CALENDARIO ESCOLAR NA WEB DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Na sala de entrada do IES toda aquela persoa interesada pode ver estes días unha demostración do funcionamento das impresoras 3D
Xa está dispoñible o número 5 da nosa ( e vosa) revista, correspondente ao curso 2017-2018. Nela atoparades unha chea de interesantes e variados contidos. Como sempre, esperamos que sexa do voso agrado e que nos enviedes os vosos comentarios para ir mellorándoa ano tras ano.
Como novidade dicir que, ademáis da edición electrónica, tamén fixemos unha pequena tirada de 50 exemplares dispoñibles na secretaría do noso centro a un prezo simbólico de 2 euros.
Hoxe, ao finalizar as clases, o alumnado do IES Xulián Magariños sorprendeu ao director, Adelino José Pose Reino cunha pequena homenaxe na entrada do instituto. Cun bonito mensaxe de fondo debuxado nunha pizarra, unha alumna de 1º de bacharelato dirixiulle unhas palabras de agarimo e agradecemento polo seu excelente traballo tras catorce anos na dirección e entregoulle un ramo de flores. Adelino emocionado convidoulles a continuar esa convivencia positiva que se logrou nestes catorce anos.