Eventos - Filtro:
Lun | ||
---|---|---|
O noso centro participa no programa " Enerxía con Conciencia" da Fundación Repsol. Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía e Xeoloxía están a elaborar co alumnado unha auditoría enerxética para analizar os consumos de enerxía eléctrica, combustibles e auga no día a día do funcionamento do centro co obxectivo de facer unha serie de propostas de mellora buscando a racionalización e eficiencia no seu uso. Ao longo dos próximos días todos seredes tamén protagonistas destas actuacións... porque ¿que facedes vos para aforrar enerxía? Coma estes últimos anos, para conmemorar o Dia do Libro o 23 de abril organizaranse diversas actividades no centro. 1. Terá lugar un acto de Colocación de novas placas que darán nome a 7 aulas do centro, recoñecendo a personaxes ilustres de Negreira e comarca ao que asistirán invitados os familiares das persoas homenaxeadas e estará amenizado por unha actuación musical. 2. Nos recreos lúdicos haberá unha CITA A CEGAS cos libros, actividade organizada pola ANPA A Barcalesa. Tedes todas as fotos do acto no Facebook do instituto.
|