Eventos
O alumnado de 2º ESO asistirá o próximo xoves 5 de outubro ao concerto didáctico que dará o grupo "Il quartetto improvviso" de Savona (Italia) no auditorio da casa de cultura de Negreira.
Podedes disfrutar dalgunha das súas actuacións que se poden atopar en internet clicando aquí.
O IES Xulián Magariños mantivo hoxe as 12: 00 un paro de cinco minutos e un minuto de silencio para mostrar a súa repulsa polos criminales actos incendiarios destes últimos días e en lembranza das persoas falecidas.
Pode consultar no documento adxunto o horario de atención a pais, nais e alumnado por parte do profesorado do centro.
HORARIO DE TITORÍAS DE PAIS, NAIS E ALUMNADO
O IES Xulián Magariños foi un dos seleccionados e participará con outros 35 centros de varias autonomías de España nun completo programa educativo para formar a xuventude na importancia do aforro enerxético , realizando entre outras actividades unha auditoría enerxética do seu centro educativo.