IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
Actividades
Actividades extraescolares
A oferta de actividades culturais e deportivas, con carácter voluntario e fora do horario escolar, que ofrecemos aos alumnos e alumnas do centro é unha das nosas inquedanzas. Estas actividades pensamos que contribúen á formación integral do alumnado, que lles axudan a organizar o seu tempo libre e melloran a súa vinculación ao centro.Como obxectivos que nos propoñemos nas mesmas son os que seguen:
|
V Copa F.S - ANPA Virxe do Mar
![]() |
Un ano máis e xa son 5, vaise disputar a V Copa de fútbol sala que organiza a ANPA do noso centro. A novidade deste ano é a incorporación da categoría alevín mixta. Premendo nesta ligazón verás un pequeno dossier do torneo que inclúe os horarios dos partidos. Se queredes ver bo fútbol sala e animar aos teus compañeiros non deixes de achegarte aos polideportivos de Noia o vindeiro domingo 29 de maio. |
IV Copa ANPA Fútbol Sala
![]() |
Máis de 120 deportistas participaron na IV Copa ANPA IES Virxe do Mar de fútbol sala. Os encontros disputáronse no Polideportivo Municipal de Noia. O noso desexo é que tod@s levasen deste día un recordo agradábel que lles sirva para sentir o deporte como parte do seu desenvolvemento. |
<resultados-clasificacións> <na prensa> |
Copa Coca-Cola
![]() |
O pasado sábado 1de maio en Coruña participamos no Torneo de Fútbol "Copa Coca-Cola". Logo de pasar a primeira fase, non fumos quen de pasar á seguinte nun partido no que fixemos un bo xogo. Queremos destacar o comportamento inmellorable dos nosos xogadores e a colaboración do grupo de nais e pais que nos acompañou e animou. |
<foto 1> <foto 2> <foto 3> |
Fase ascenso
![]() |
O equipo de tenis de mesa do instituto tentará o 20 de marzo en Cambados o ascenso á 2ª división.O equipo formado por Esteban, Alex, Guillermo e Pablo acadaron a segunda posición da fase previa que da dereito a disputar a fase final.Máis información. |
ÁNIMO CAMPIÓNS |
V Xornadas Psico-Pedagóxicas
A N P A |
O venres 26 inaugúranse as V Xornadas Psico-Pedagóxicas organizadas pola ANPA. Na primeira xornada teremos a benvida musical do coro do IES para logo iniciar a charla de D. Manuel Blanco Ons sobre o dereito da familia. Tamén contaremos coa presenza de D. Manolo Barreiro. |
1ª XORNADA |
