Skip to Content

Información xeral

Calendario escolar 2023/24

Facendo clic na imaxe poderán ver o calendario escolar 2023/2024 do noso centro.

Premendo nesta ligazón poderán consultar a orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

REUNIÓN FAMILIAS-PROFESORADO

Estimadas familias: Iniciado o curso lectivo 2023-2024, dende o IES Virxe do Mar, convocamos aos pais/nais ou titores legais do alumnado a unha reunión-presentación cos/as titores/as que terá lugar o vindeiro luns día 25 de setembro.Para ver o horario do grupo da súa filla/o faga clic na imaxe ou no arquivo adxunto.

 

Información para as familias

Normas básicas de comportamento no centro:

  • No caso de alumnado que valide materias, nas horas que non teña clase e permaneza no centro deberá estar na biblioteca aproveitando o tempo con traballo escolar.

  • Se a materia a validar coincide ca primeira ou última hora e sempre que as familias o soliciten e asinen unha autorización, este alumnado poderá entrar ou saír do centro.

  • Cando un pai/nai/titor/a legal veñan recoller a un/unha alumno/a cubrirán o impreso de rexistro de saídas na consexería do centro (edificio vello ou novo).

Normas contrarias á convivencia:

En xeral establécense dous tipos de condutas inadecuadas das que os/as titores/as deberán informar ao alumnado e familias:

  • Condutas leves contrarias á normas de convivencia do centro.
  • Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro.

O/A profesor/a empregará Abalar para facer chegar á familia dun/dunha alumno/a a súa conduta contraria ás normas.

Prohibición uso móbiles no centro:

No caso de que se constate que un alumno ou alumna está utilizando o móbil no centro sen motivos xustificados, será acompañado polo delegado/a á Xefatura de Estudos, o alumno/a apagará o móbil que quedará baixo custodia de Xefatura de Estudos ata que veña a familia a buscalo.

Faltas de asistencia:

O titor ou titora controlará e xustificará as faltas do alumnado e gardará os xustificantes.

Fará constar as faltas nas informacións dadas regularmente á familia.

A xustificación da falta de asistencia ten que se entregada ao titor/a nos 2 días seguintes á ausencia.

No caso de que un alumno/a menor de 16 anos falte repetidamente de forma inxustificada a xuízo do titor/a, e, se postos en contacto coa familia, a situación non se corrixe, comunicarase á Xefatura de Estudos para que sexa notificado aos organismos correspondentes.

 

Faltas xustificable (segundo o Protocolo publicado pola Xunta de Galicia):

Con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado:

  1. Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.
  2. Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.
  3. Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.
  4. Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos.
  5. Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.

No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no apartado anterior, quedará a criterio da dirección do centro educativo a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa xustificación ou non. As faltas de asistencia aos exames só serán xustificadas presentando documentación relevante ante o profesor/a da materia, que informará ao titor/a da circunstancia. Terase en conta o número de veces que o alumnado falta en datas de exame como factor decisivo á hora de aceptar a xustificación. É responsabilidade do alumnado poñerse en contacto co profesor/a da materia.

 HÁBITOS DE ESTUDO

  • Uso da Axenda escolar.

  • Deben estudar todos os días: sempre teñen que estudar. (ESTUDAR= deberes, estudo e repaso de temas, realización de traballos...etc).

  • Importante hábitos de descanso e sono: horario razoable para deitarse e habitación libre de distracións (TV, consola, ordenador, etc....).

  • Importante hábitos saudables de alimentación: fundamental o almorzo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut