Skip to Content

Información para alumnado con L.Francesa Pendente

Información:

Data do Exame: 25 de maio

Hora e lugar:  ás 8:20  na aula de 1º ESO A  ( 2º piso Ed. Pastor Díaz)

Contidos:   

                1º ESO e 2º ESO , Promenade 1/2

               3º ESO:  4 Primeiros temas  _ Facile3

 

 

Recollida de Titulos

Todos aqueles alumnos e alumnas que promocionaron no curso 2019/2020 poden pasar a recoller o Título pola Secretaría do centro.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición da convocatoria 2021

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos incluídos.

Máis información.

FESTIVO 19 DE MARZO

Recordamos á comunidade educativa que o día 19 de marzo é festivo en Galicia.

Admisión de alumnado CURSO 2021-2022

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

Publicouse no taboleiro de anuncios do coentro a listaxe provisional do alumnado admitido.

Todas as solicitudes recibidas foron admitidas.

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021

Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Enlace á información

 

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: Comezo do período de inscrición da convocatoria 2021   

Máis información

Inicio do procedemento de admisión e reserva para centros educativos sostidos con fondos públicos para o curso 2021-2022

Para acceder á información  prema neste enlace

 

DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS ALUMNADO

Informamos de que no DOG de hoxe se publica unha orde sobre a distribución de mascarillas entre o alumnado. Teñen dereito a elas os alumnos que tamén teñen dereito ao cheque de material. O enlace aquí.

Días non lectivos

Infórmase que os días non lectivos escollidos polo centro son o 2 de novembro e o 18 de maio

Adiamento das eleccións ao Consello Escolar

Na resolución do 30 de setembro de 2020 convocávanse as eleccións ao consello escolar.

 A día 22 de outubre de 2020 sae unha nova resolución na que se adían  debido á situación COVID.

Acceso á información .

COMEZO DO CURSO 20/21 E MEDIDAS COVID

Informamos á comunidade educativa do IES Vilar Ponte de que o curso comezará con normalidade nas datas previstas pola Consellería de Educación (23-24-25 de setembro).

Finalmente temos o profesorado que precisamos, os cursos desdobran unha clase cada un e o horario mantense con respecto ao do ano pasado.

 

Como novidade inmediata, en vez de tomar a temperatura aos alumnos cada mañá, a Xunta prevé que os pais asinen un documento, que deberán traer os alumnos o día da presentación. Os horarios e días das presentacións publicaranse mañá na propia web do centro.

 

Da mesma maneira, o Xunta publica un listado de síntomas que cada profesor e alumno terá que comprobar cada mañá antes de acudir ao centro. En caso de presentar síntomas compatibles con Covid, o alumno ou profesor non poderá acudir ao centro.

Desde o equipo Covid do centro, infórmase ás familias de que abrimos un correo específico para calquera comunicación ou dúbida relacionada coa Covid-19, covid.vilarponte@gmail.com. Todas as comunicacións sobre casos sospeitosos de covid, probas, faltas á clase por estes motivos, etc, deberanse notificar a través deste correo. En caso de imposibilidade, poden chamar ao número do centro, que lles derivará a un membro do equipo covid.

O día das presentacións, ademais da propia presentación polo titor, informarase debidamente aos alumnos de todas as normas novas derivadas da covid, de palabra e por escrito. Ademais, aos alumnos de 1ESO acompañaráselles nun percorrido para que coñezan centro, xa que pola pandemia non se fixo a xornada de portas abertas.

 

Incluimos uns videos informativos que realizou a Consellería:

 

 

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL

Estimadas familias:

Ante as contradicións flagrantes da Consellería de Educación, e despois de ver o que din nos medios, que é a única forma de informarnos estes días, posto que oficialmente non temos comunicación ningunha, queremos deixar claro o seguinte:

Segundo o Conselleiro, os centros temos a liberdade de organizar o curso como creamos mellor, optimizando os medios existentes, buscando espazos, facendo desdobres, utilizando mamparas ou optando polo ensino semipresencial. Todo isto é o que di o Conselleiro nos medios, nunca directamente aos institutos. Facendo caso destas indicacións, neste centro optamos por solicitar desdobres, para manter o mesmo horario que os cursos anteriores e o 100% da presencialidade, porque consideramos que desta maneira mantemos un ensino de calidade, cuns estándares de seguridade. Para iso necesitamos 5 unidades (grupos) máis dos que contamos en xullo, co protocolo anterior, e temos solicitado 4 profesores máis á Consellería. Desbotamos o uso de mamparas por ir en contra das indicacións do Ministerio de separar os alumnos a 1,5m e porque para este centro é inasumible a súa compra, dado que non temos presuposto extra. Da mesma maneira desbotamos a semipresencialidade porque a consideramos un mal menor no caso extremo de ter que pechar o centro ou algunha clase.

Queremos que quede claro que calquera outra medida, como a redución da distancia entre mesas, o uso de mamparas, a semipresencialidade, etc, é unha imposición da Consellería que teremos que acatar como funcionarios, pero non é o noso desexo nin a nosa opinión.

Cremos que é necesario manternos firmes para ter un ensino público de calidade.

O Equipo Directivo.

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO DE LIBROS

Xa están no taboleiro interior do centro VPI as listaxes  definitivas do  fondo solidario de libros de texto.

AVISO SOBRE O COMEZO DE CURSO

Estimados membros da comunidade educativa do IES Vilar Ponte:

En xullo, atendendo ao protocolo vixente daquela, o equipo directivo traballou para deixar o curso 20/21 preparado: asignados os alumnos por aula e materia, distribuidas as horas nos departamentos, separadas as mesas e demais mobiliario nas aulas a 1m...

O 31 de Agosto, a Xunta publicou un novo protocolo, que tiraba polo chan todo o traballo feito: os alumnos tiñan que estar a 1,5m. Isto implica que as aulas reducen drasticamente a súa capacidade (pasan de 40 a escasos 18-19, e de 30 a 15...). Por tanto, houbo que recalcular o número de grupos por curso, número de profesores necesarios, retirar todo o mobiliario que non fose estrictamente necesario (houbo que desmontar a aula de música, as dúas de plástica, a biblioteca: instrumentos musicais da sala de música, sofás da biblioteca, mesas e sillas sobrantes das aulas, taquillas...).

O equipo directivo traballou incluso en sábado para poder ter todo preparado nas mellores condicións posibles. Neste momento, o centro está preparado para impartir clase cos alumnos a 1,5m. Pero agora mesmo as informacións desde Inspección educativa son contradictorias:

A día de hoxe (11 de setembro) non sabemos se vamos contar co profesorado extra necesario prometido, se vamos poder ter un grupo máis por curso ou non, se os rapaces van estar a 1,5 m ou a 1m con mamparas... Nesta situación, é MATERIALMENTE IMPOSIBLE comezar o curso nas datas previstas (16 a 18 deste mes).

Seguiremos informando.

E Equipo Directivo.

RECOLLIDA DE LIBROS 3º E 4ºESO SETEMBRO

Os libros entregaranse no salón de actos despois de recoller as notas.

Matrícula Setembro curso 2020-2021

A matrícula de Setembro para o curso que entra realizarase coas seguintes indicacións:

 

4 SETEMBRO- RECOLLIDA DE SOBRES DE MATRÍCULA XUNTO COS BOLETÍNS DE NOTAS.

7 SETEMBRO- MATRÍCULA DE 4ºESO e 2ºBAC.

8 SETEMBRO- MATRÍCULA DE 2ºESO, 3ºESO E 1ºBAC.

 

O horario de atención ao público será de 9:30 a 13:30

Convocatoria Premios Extraordinarios Bacharelato e de ESO 2019/2020

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato, ESO e ao rendemento académico  correspondentes ao curso 2019/2020.

Enlace á información para bacharelato.

Enlace á información para ESO

Normas da Xunta para o curso 20/21

Adxuntamos o Protocolo da Xunta para o curso 20-21.

Aínda que non aparece explicitamente, a día de hoxe a ratio por aula (número de alumnos por aula) é de 25 alumnos para ESO e 30 para Bacharelato, sen contar os repetidores. Isto fai imposible, na maior parte dos casos, manter a distancia de 1 metro entre alumnos, co que implica o uso da mascarilla en todo momento.

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa están no taboleiro interior do centro VPI as listaxes  provisionais do  fondo solidario de libros de texto.

CALENDARIO FINAL DE CURSO

Publicamos a continuación información sobre o remate do curso: notas, matrícula, libros, taquillas. Por favor, prestade atención ás instruccións para o 25 de xuño, onde se detallan horarios e precedementos. Igualmente, e para evitar aglomeracións, indícanse horarios para a recollida de libros de 3º e 4ºESO.

Os días de matrícula o horario de atención ao público será de 9:30 a 1:30

Enlace ao calendario 

Enlace instruccións día 25 de xuño

Recollida de libros 3º e 4º ESO

Admisión alumnado curso 20/21

Publicouse no taboleiro do centro a listaxe provisional de alumnado admitido.

 

Todas as solicitudes recibidas foron admitidas

 

Inormación de Orientación para os diferentes cursos

Debido a actual situación, o Departamento de Orientación elaborou uns boletíns con información importante de cara á elección de materias ao cambiar de curso. Pinchade no enlace para acceder.

1ºESO

2ºESO

3ºESO

4ºESO

1ºBAC

2ºBAC

Información sobre as validacións de materias do Conservatorio

Enlace con información sobre as validacións de ensinanzas de música.

Distribuir contido


by Dr. Radut