Ao alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 seranlles entregadas máscaras sen ter que solicitalas.
Pode solicitar a entrega de máscaras o alumnado que, non sendo beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, cumpra algunha das seguintes condicións:
•Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
•Alumnado matriculado en educación especial.
•Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
•Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 26 de novembro. Máis información na secretaría do centro.