A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios para o alumnado que obtivese unha nota media superior a 9 na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria e que rematen dita etapa neste curso 2021-2022.
O alumnado que opte aos premios deberá realizar unha proba o día 6 de setembro nos lugares que estableza a Consellería.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30 de xuño.
Máis información neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/