O Ministerio de Educación e Formación profesional publicou a Resolución do 10 de marzo de 2022, pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen postobrigatorios (FP, Bacharelato e outros).
PRAZO DE SOLICITUDE:
Do 30 de marzo ao 12 de maio do 2022.
Este ano o prazo de solicitude adiántase varios meses. É necesario pedir a beca neste prazo aínda que non esté aberto o periodo de matrícula.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:
A solicitude debe presentarse online a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Máis información no seguinte enlace: www.becaseducacion.gob.es