Descrición

DESCRICIÓN BIBLIOTECA

A biblioteca escolar do IES Valle Inclán está situada na planta baixa, ten forma rectangular, cunha superficie total de 136 m2, unha altura de 4,5 m, e resulta fácilmente accesible a persoas discapacitadas. Na meirande parte a nosa biblioteca é de madeira de sapelli, o que lle confire un aspecto nobre e maxestuoso. As estanterías recobren as paredes dende o chan ata o teito.

Unha vez se accede á mesma, atopamos á dereita da porta de entrada a sala de lectura e á esquerda a zona de traballo do profesorado encargado, os ordenadores e unhas señoriais escaleiras de madeira que permiten subir á parte superior das estanterías e ao impresionante balcón de madeira que rodea as tres paredes do rectángulo libres de ventanas. 

A luz adéntrase na sala de lectura por amplas fiestras da cuarta parede do rectángulo e as mesas de lectura están dispostas en forma de U con 54 sillas e un brazo central que habilita outros 24 postos de lectura. As sillas son modernas e funcionais conferíndolle un curioso contraste estético a esa madeira nobre que chama a atención a todo aquel que se adentra por primeira vez na biblioteca.

Dividindo a zona de lectura e a área de traballo, atópase unha mesa grande multiusos que se emprega normalmente como expositor de libros. Próxima a ela está a mesa central da área de traballo co ordenador que leva toda a xestión e a base de datos da biblioteca. Dita mesa ten dous brazos e ao arredor dese punto central de préstamo e control, atópanse os ordenadores dos que dispón a biblioteca para os seus usuarios. Trátase de tres mesas máis, de novo en forma de U con oito ordenadores. Pincha na seguinte imaxe para ver as fotografías.

Distribuir contido