ACTIVADO O SERVIZO PARA AS FAMILIAS ABALAR MÓBIL
Enviado por fernandoe o Lun, 05/09/2022 - 08:30
Está activado o servizo para as familias Abalar móbil. Trátase dunha aplicación da Consellería de Eduación que permite ás familias consultar a información académica (cualificacións, faltas de asistencia,...) dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Pinchando na imaxe tedes a guía para as familias e no enlace a páxina web de información sobre esta aplicación.