Skip to Content

Bolsas e Axudas

Becas e axudas

Axudas para adquisición de libros e material por cambio de idioma

No DOG nº 167 de 31 de Agosto de 2010 vense de publicar a "Orde do 25 de agosto de 2010 pola que se convoca e se regula a reposición do programa de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2010/2011 naquelas materias que non cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia."

Pódese consultar o texto completo da citada orde na ligazón seguinte: Axuda adquisición

Inmersión lingüística 2010

No DOG nº 28 de 11 de Febreiro de 2010 publícase a "Orde do 5 de febreiro de 2010 pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010".

Máis información na seguinte ligazón: Inmersión lingüística 2010

Programa de cesión de libros de texto para o curso 2009-2010

Segundo informa unha circular informativa de agosto, a consellería informa aos centros que o programa de gratuidade de libros mantense para a ESO neste curso 2009-2010. A primeiros de setembro o centro comunicará o procedemento para a tramitación da solicitude de libros.

Poden consultarse as convocatorias neste enlace e ler a circular na seguinte páxina.

INFORMACIÓN AOS CENTROS EDUCATIVOS A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar: A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos. A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo. Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares. A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles. Implantación progresiva O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos. Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009 O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS José Manuel Pinal Rodríguez

Devolución de libros en Setembro

O alumnado que se examinará nas probas extraordinarias de setembro deberán entregar os lotes de libros prestados o LÚNS 8 dentro dos seguintes horarios:

Mañá:  9:00 a 13:00

Tarde:  16:00 a 19:00

IMPORTANTE!! Entrega de libros

O alumnado aprobado en xuño acollido ao sistema de préstamo de libros deberá entregar o seu lote de líbros o Mércores día 25 ás 9 horas na súa aula.

Distribuir contido


by Dr. Radut