Skip to Content

Bolsas e Axudas

Becas e axudas

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico. Curso 2021/22

 

     O 30 de maio publicouse no DOG a ORDE do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311D).

    Pode acceder á información desta convocatoria na Sede Electrónica da Xunta de Galicia , introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

    As persoas solicitantes menores de idade teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante

      

Convocatoria do fondo solidario de axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 2022.

   

    Vense de publicar a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

  O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

    IMPORTANTE: Só se poderá solicitar a axuda de material xa que este centro participa na convocatoria E-dixgal en todos os niveis da ESO

    Ver información básica de requisitos, prazo de presentación de solicitudes e outros aspectos da normativa.

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes de becas para o curso 2022-2023

   

    Vense de publicar unha resolución da secretaría de estado de educación, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios ata as 24,00 horas (hora peninsular) do día 16 de maio de 2022.

 

Convocatoria premios extraordinarios de bachaletato. Curso 2021-2022

   

    No DOG de hoxe luns saíu publicada a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao presente curso.

    O prazo de solicitudes comezará o 26 de abril e remata o 25 de maio.

    Un requisito fundamental é ter unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    A presentación é electrónica e hai un enlace no artigo 4 do DOG.

Bolsas e axudas do Ministerio de Educación

   

   O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Universidades estableceron un novo calendario de tramitación das bolsas para o alumnado de último curso de calquera etapa educativa que no ano académico 2022-2023 vaia iniciar estudos superiores.

    O próximo 12 de maio remata o prazo, con posterioridade non será posible solicitar bolsas para cursar estudos durante o ano académico 2022-2023.

                         Cartel informativo

Publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

 

    Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.
O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

    A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación. Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas. As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

    Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede. Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022

   

     A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 525 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022.

   O prazo de solictude vai do 1 de FEBREIRO ata o 28 de FEBREIRO (incluído)

    Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen nesta táboa.

    O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa  non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.

Axudas para estudar en EEUU e Canadá.

 

    A Fundación Amancio Ortega retoma o seu Programa de Becas dirixidas a estudantes de 4º de ESO que desexan cursar 1º de Bachillerato en Canadá e Estados Unidos.
    Do total de prazas convocadas, 70 becas están dirixidas a estudantes de centros de Galicia.

    A beca cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitriona, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.
   Todolos formularios debidamente cumprimentados e coa documentación esixida para a participación no Programa, deberán ser enviados do 27 de setembro de 2021 ás 13:00h. ao 27 de outubro de 2021 ás 13:00h. a través da sección Acceso a Participantes da páxina web do Programa.

Distribuir contido


by Dr. Radut