Skip to Content

Bolsas e Axudas

Becas e axudas

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

   

  Publicación no DOG do día 26 de febreiro, da Orde do 10 de febreiro de 2020, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo.

    O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 27 de febreiro e remata o día 26 de marzo.

   A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase nesta páxina web.

          Cartel informativo

Admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso 2019-20

   

       Procédese á plublicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e excluído no Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2019-20.

                    Fondosolidario-DOGA

Fondo solidario para libros de texto e material escolar 2019

   

       O 11 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios do centro:

1- Listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e vales para material. Aquí

 2- Listaxe provisional de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión. Aquí
 
3- Relación provisional de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada e a documentación da que carezan. Aquí

    As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional: os días 12 (venres) e 15 (luns) de xullo.

                    Fondosolidario-DOGA

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO, 2018/19

   

       Hoxe, 29 de maio, publicouse no DOG a Orde do 20 de maio de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.
     O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 6 de xuño de 2019 e rematará o día 5 de xullo de 2019.
    As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente as persoas interesadas e  presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    A celebración da proba terá lugar o día 5 de setembro de 2019.

Remata o plazo de solicitude dos Premios Extraordinarios de Bacharelato 2019.

   

    Lémbrase ó alumnado que reúne as condicións para solicitar os Premios Extraordinarios de Bacharelato que mañá, día 28 de maio, finaliza o prazo de solicitude.

    O día 11 de abril publicouse no DOG a Orde do 28 de marzo de 2019  pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018-2019.

    A estes premios pode optar o alumnado que obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    Hai vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 euros. Cada premio estará dotado con 1.000 euros.

                                       máis información

Axudas para a adquisición de material escolar

    

     Abrese o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

    1-  As familias dispoñen de prazo ata o 21 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.

    2- Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º e 4º de ESO.

O alumnado matriculado en 1º e 2º de ESO, cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. No obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir
material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

    3- A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

                    máis información e descarga de solicitudes

Convocadas axudas para actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019

   

     Ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

    O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

Premios extraordinarios de bacharelato

   

    O día 11 de abril publicouse no DOG a Orde do 28 de marzo de 2019  pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018-2019.

    A estes premios pode optar o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, que fose proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    Hai vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 euros. Cada premio estará dotado con 1.000 euros.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 29 de abril de 2019 e rematará o día 28 de maio de 2019.

                                       máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut