Skip to Content

Bolsas e Axudas

Becas e axudas

Fondo solidario / Axudas para libros de texto

   

   Ven de publicarse a regulación dos aspectos básicos do funcionamento do fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2015/16.

    Para ver información de requisitos, prazo de presentación de solicitudes e outros aspectos da normativa, pode consultarse nas ligazóns que seguen:

    Fondo solidario           Axudas para libros

.

Axudas para a adquisición de libros de texto na ESO.

No DOG do 30 de maio de 2014 publicouse a Orde pola que se convocan axudas para adquisición de libros de texto na ESO, para o curso 2014-2015.

Hai dos prazos de solicitude:

         Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo - Para alumnos que aprobaron en xuño

         Prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro - Para alumnos que aprobaron en setembro

Para mais información DOG do 30 de maio de 2014.

Programa municipal conecta Ferrol

AXUDAS PARA MERCAR UN ORDENADOR.

O Concello de Ferrol presenta o plan  CONECTA FERROL.


 Obxecto
Este programa ten como obxectivo establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a compra dun ordenador (portátil ou de sobremesa) por parte dos/das xoves empadroados en Ferrol coa finalidade de facilitar, axudar e mellorar a súa formación durante a etapa educativa de ESO e Bachalerato.

Libros de texto 2013-14 e Programa de préstamo

librostextoPódese consultar a relación de libros de texto para o curso 2013-14 neste enlace.

PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO. Como iniciativa da ANPA pódense doar e/ou solicitar libros en préstamo para o vindeiro curso. Contacto coa ANPA no centro ou no correo anpa.sofia.casanova@gmail.com

Información sobre solicitude de Becas e Axudas

Desde o xoves 28 de Xullo de 2011 a ata o 30 de Setembro de 2011 está aberto o prazo de solicitude de becas para os niveis de Bacharelato. 

Podedes facer a solicitude a través do enlace seguinte: Solicitude Becas

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011

No DOG nº 49 do venres 11 de Marzo de 2011 publícase a Orde do 8 de marzo de 2011, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Prazo de presentación de solicitudes: 12 de marzo a 12 de abril (non incluído).

A información completa da convocatoria con accesos ao DOG e ao cartel informativo, así como para realizar a solicitude, pódese consultar na páxina seguinte: Axudas Linguas Estranxeiras

Federico Pedreira Nores acada o Premio extraordinario de bacharelato

 Nas recentes probas dos premios extraordinarios de Bacharelato 2009/10 o ex alumno deste centro Federico Pedreira Nores acadou o séptimo posto, o que lle asegura un dos dezanove premios concedidos.

A comunidade educativa do Sofía Casanova quere darlle os mellores parabéns por esta merecida e traballada distinción. Noraboa Federico! 

PRÉSTAMO DE LIBROS : RECOLLIDA DE SETEMBRO 2010

O alumnado que se examinou en Setembro deberá traer os libros en perfecto estado e dentro dunha bolsa. O lugar e a data de recollida para os diferentes cursos son os seguintes:

 

 NIVEL  DATA  HORA  LUGAR
 1º ESO  08 / 09 / 2010  09:00 h  A aula propia de cada grupo
 2º ESO  10:00 h
 3º ESO  11:00 h
 4º ESO  12:00 h
Distribuir contido


by Dr. Radut