Iniciar sesión: Acceso

NOVAS

NOVAS DA BIBLIO 2023/24

NOVAS PARA O ALUMNADO: (Actualizado 12/04/2024)

Do 21 o 23 de Abril

OBRADOIRO CREATIVO NA BIBLIO

NOVAS DA BIBLIO 2022/23

 

       

GALIMATE 2023

GALIMATE 2023

NA NOSA BIBLIOTECA, DENDE O LUNS 29 DE MAIO E ATA O VINDEIRO 7 DE XUÑO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS

LUNS 5 DE XUÑO DE 18:15 A 20:00


Banda deseñada 2022/23

 

NOVAS 2021/22

ESPECIAL DÍA DO LIBRO 2022

 

 

 

En anos anteriores ...

Presentación

Brais

Diego

Natalia Guillermo
Maria

Carla

Neus

Lucas

Juan

Melanie

Carla(2)

Diego(2)

Brais(2)

Lucas(2)

Natalia(2) Natalia(3)

 

 

ESPECIAL DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ! 30 de Xaneiro do 2021.

Querid@s alumn@s e familias!

O 30 de xaneiro adícase a conmemorar nos centros educativos unha cultura da non violencia e a paz. Neste día recordamos o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica frente a inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Aquí tedes un Especial de lecturas pola paz da nosa biblio... Animádevos a ler para construír xuntxs un mundo mais xusto!

Lembrade que podedes pedir en préstamo calquera delas enviando un mail a:

prestamosiesilladesansimon@gmail.com

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".

 Mahatma Gandhi

ESPECIAL CINEMA E LITERATURA EN GALEGO PARA PASAR ESTAS VACACIÓNS DE NADAL EN FAMILIA!

Querid@s alumn@s e familias!

Aquí tedes unha selección de lecturas da nosa biblio que foron levadas ao cine con moito éxito... Esta escolma fixémola en colaboración co IES PONTEPEDRIÑA, de Santiago de Compostela, e queda pendente algún visionado de cine xunt@s cando todo isto termine! Animádevos a ler e gozade coas adaptacións cinematográficas en familia! Hai para todos os gustos e de todas as temáticas. Aínda que vos fixemos recomendacións separadas para 1/2 da ESO e 3/4 da ESO podedes acceder a ambas libremente e escoller as vosas obras preferidas! Xa nos deixaredes comentarios para ver que vos pareceron... Pasade un Nadal entretido na casa entre libros, películas e o cariño das vosas familias!

Lembrade que podedes pedir en préstamo calquera delas enviando un mail a:

prestamosiesilladesansimon@gmail.com

Só tedes que enviar os vosos nomes e apelidos, clase, número de lectora ou lector se o sabedes, e título e autora ou autor do libro! E a encargada da bilioteca levaravos o exemplar a clase en poucos días...

Deixámosvos os enlaces aos nosos Padlet especiais de Cinema e Literatura. Coma sempre, só tedes que picar na imaxe e xa se abrirá a pantalla no voso navegador coas recomendacións. Curioseade moito, mirade os libros e premede en CONTINÚA AQUÍ para ver escenas ou trailers das películas!!

Grazas por ler! E BON NADAL!!! 

 

20N... ESPECIAL POLO DÍA INTERNACIONAL DA MEMORIA TRANS! LIBROS PARA UN MUNDO DIVERSO...

Querid@s alumn@s e familias!

Aquí tedes unha proposta de lecturas para celebrar o Día Internacional Trans... Animádevos a ler!

Solicitade os libros que mais vos gusten en préstamo na biblioteca enviando un mail a:
prestamosiesilladesansimon@gmail.com, co voso nome e apelidoscurso e número de lector do carné de biblioteca (se o sabedes)... e título e autora ou autor do libro...

Grazas por ler e por construir XUNTXS un mundo mais diverso!

25N... ESPECIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

Estimad@s alumn@s e familias!

O próximo 25 de Novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e desde a biblioteca queremos compartir con vós algunhas lecturas que poden sensibilizar as nosas conciencias e recordarnos a importancia desta problemática. Agardamos que sexan do voso agrado e que sirvan para construir entre tod@s unha sociedade mais xusta e igualitaria. Para lelos só tedes que picar na imaxe...

Xa sabedes que podedes solicitar en préstamo calquera das obras... Animádevos a grabar un vídeo recitando os poemas e envialo ao mail anacabanelaspousa@gmail.com e poderedes saír na canle de Youtube da nosa biblioteca: O Mar das Palabras!

Un saúdo! e GRAZAS POR LER!

NORMAS DE PRÉSTAMO PARA ESTE CURSO... É FÁCIL, NON DEIXES DE LER!

Estimad@s alumn@s e familias!

Como sabedes, neste curso tivemos que adaptar as normas da biblioteca ás nosas particularidades como centro educativo. Pero os libros da nosa biblioteca seguen vivos e dispoñibles para todas as persoas que queiran ler... Están desexando saír das estanterías así que non deixedes de solicitar préstamos!

Para facilitar os préstamos durante este curso recurrimos a peticións a través dun correo electrónico habilitado para tal fin. A coordinadora da biblioteca encargarase de pasar polas aulas para entregar os libros ao alumnado e tamén recollerá as devolucións deixándoas nunha caixa en cuarentena para hixienizar os libros e cumprir os protocolos de seguridade.

Para solicitar un libro o alumnado deberá enviar un mail a dirección prestamosiesilladesansimon@gmail.com cos seguintes datos cubertos:

NOME E APELIDOS D@ ALUMN@:

CURSO:

NÚMERO DE LECTOR DO CARNÉ DA BIBLIOTECA:

TÍTULO DO LIBRO:

AUTOR/A DO LIBRO:

Podedes comprobar previamente en Internet se o libro que solicitadas está dispoñible seguindo as pautas do noso titorial para buscar libros.

E poderedes investigar as novidades de lectura que iremos colgando en Internet no noso padlet da biblioteca, para ver se atopades algún título que vos xenere intriga. Aquí tendes os enlaces ao noso padlet de novidades da biblioteca.

Grazas pola vosa colaboración! Recordade que ler fainos máis libres e permítenos visitar lugares e persoas descoñecidas e lonxanas desde as nosas casas....

Grazas por ler!

Un saúdo!

BENVID@S A NOSA BIBLIOTECA... ESTE OUTUBRO, ESPECIAL TERROR SAMAÍN!

Estimad@s alumn@s e familias!

Durante este curso tan especial, desde a biblioteca queremos ofrecervos propostas de lectura temáticas en cada mes do ano... Comezamos este outubro cun especial de Terror para celebrar Samaín. Creamos un padlet para que poidades ler pequenos fragmentos de novelas de terror da nosa biblioteca e despois solicitalas en préstamo... Deixámosvos aquí o enlace para que entredes tantas veces como queirades desde as casas. Descubride cal é a vosa lectura, cal está agardando por vós para levala para casa e ler durante a noite, en silencio, e levar algún susto! Algúns dos artigos teñen sorpresa ao final, se premedes en CONTINÚA AQUÍ abriranse vídeos con propostas de cine para acompañar a lectura da novela. Non o pensedes mais, investigade o noso padlet e atrevédevos a ler!

Aproveitaremos as Horas de Ler para presentar esta plataforma nova de comunicación literaria. Organizamos as propostas recomendadas por edades, pero sodes libres de achegarvos á lectura que queirades... A literatura e o medo non saben de edades nin xéneros! Así que convidamos a toda a comunidade educativa a participar e a deixar os seus comentarios nos artigos do padlet coas súas impresións.

Un saúdo!

Grazas por ler!

      

ESPECIAL TERROR 1º/2º ESO       ESPECIAL TERROR 3º/4º ESO

COMO CONSULTAR EN 5 PASOS O CATÁLOGO DA NOSA BIBLIOTECA PARA BUSCAR UN LIBRO!

Estimad@s alumn@s e familias,

Queredes saber se temos algún libro dispoñible na nosa biblioteca para préstamo? Non vos preocupedes mais! Seguide estes 5 pasos e poderedes comprobar rapidamente se o libro está agardando por vós... Abride o titorial aquí, conectádevos a Internet, seguide as instrucións e atopade a vosa lectura.

Animádevos a ler!

Un saudo

UN PASEO POLOS TÓPICOS LITERARIOS E A ARTE

Estimados rapaces e familias,

Desde a biblioteca, deixámosvos un documento en pdf cunha lista de poemas e obras de arte que presentan distintos tópicos literarios ou historias mitolóxicas... A idea é profundizar nos temas universais que a literatura e a arte teñen manifestado en todas as culturas e todos os tempos. Ideas como o Carpe Diem, unha invitación a vivir o presente, ou o Tempus Fugit, para facer alusión á rapidez coa que pasa o tempo, teñen estado presentes en todas as manifestacións artísticas universais, mesmo nos nosos días. Aínda que inicialmente esta actividade foi proposta para 3º da ESO, desde a biblioteca invitámosvos a compartir nas casas este paseo por cadros, esculturas e poemas que se misturan...

Queremos tamén abrir aquí unha ventaniña aos museos, que teñen colgadas as súas coleccións en internet, para mirar detalles desas obras de arte que, aínda que coñecidas, gardan sempre misterios novos. Ou para descubrir outras obras que non coñeciamos...

https://www.nuevatribuna.es/articulo/sociedad/museos-quedateencasa-cultu...

 

Un saúdo,

Ana Cabanelas

Estacións móbiles de paraugas da biblioteca... Nunca choveu que non escampase!

Os tempos son chegados!! Levamos preparando este momento desde o curso pasado, cando un grupo de rapaces e rapazas propuxeron tomar algún tipo de medida para achegarse á biblioteca nos días de chuvia. Finalmente, decidimos instalar dúas estacións móbiles de paraugas: unha na saída ao patio do instituto; e outra na entrada da propia biblioteca, que se atopa na antigua casa do conserxe rehabilitada para tal fin e separada do edificio central das aulas.

Estes paraugas funcionan a modo de autobuses que levan ao alumnado ben cuberto desde o centro educativo ata a biblioteca. E son un estupendo modo de transporte colectivo, xa que poden desplazarse varias persoas no mesmo paraugas. Favorecen tamén hábitos de vida saudables como son camiñar, visitar bibliotecas e, xa de paso, ler un pouco...Nunca para tanto deu un paraugas!! Como bens colectivos e de uso exclusivo para os desprazamentos á biblioteca, son coidados por todos os usuarios. E están noviños do trinque e moi bonitos así serigrafiados co nome da biblioteca e do noso centro.

Hai que dicir que durante o proceso de instalación das estacións móbiles houbo quen confundiu o paraugueiro cun sombreiro, pero xa lle explicamos a Ismael que non se pode camiñar ao revés... coa cabeza nos pés!

E se chove, que chova! Felices lecturas!

 

 

 

Felices lecturas e... BO NADAL!!!

Estimadas familias,

Desde a biblioteca "O mar das palabras" queriamos desexarvos unhas felices festas e aproveitar a ocasión para regalarvos o noso boletín de recomendacións de lecturas para o Nadal. Porque regalar un libro é regalar unha emoción, unha aventura e un coñecemento compartido.

Deixámosvos o pdf co tríptico de lecturas para que podades imprimilo, dobralo e regalarllo a quen goste tanto da literatura coma nós. Recordade que a nosa biblioteca ten sempre as portas abertas para as vosas visitas e recomendacións!

Sede moi felices e compartide estes días turrón e lecturas!

Un saúdo:

Ana Cabanelas

 

 

Chegou o PLAMBE ó Illa

 

Neste último mes non tivemos un minuto de respiro para lanzar todas as novas con calma e detalle... Hoxe si. Alá imos! Prepárense!

 

Como sabedes, tras anos de traballo na biblioteca escolar, este curso por fin conseguimos o PLAMBE!! Unha das cousas que decidimos foi renovar o menú da web do noso centro educativo no referente á biblioteca. Neste apartado, NOVAS, será onde poderedes seguir as novas sobre as distintas actuacións e proxectos que empezamos este ano. Pinchando en cada un dos apartados que seguen, hoxe teredes a presentación dos proxectos en marcha e no futuro os avances e novidades en cada un deles. Así poderedes ir completando unha visión máis ampla e exacta do que acontece no IES ILLA DE SAN SIMÓN, nunha biblioteca que non para de inventar cousas coa rapazada que se achega cada recreo por alí...

 

Invitámosvos a que nos sigades en algún dos proxectos en marcha, ou en varios dos proxectos en marcha, ou... en todos!! Grazas pola vosa atención. Piquen por curiosidade e sígannos con cariño...

 

Distribuir contido