OS SEGUINTE ENLACES SERÁN PARA CUBRIR A PREMATRÍCULA EN TITORÍA !
PREMATRÍCULA PARA OS ALUMNOS/AS QUE VAN CURSAR 3ºESO O VINDEIRO CURSO 2022/23
PREMATRÍCULA PARA OS ALUMNOS/AS QUE VAN CURSAR 4ºESO O VINDEIRO CURSO 2022/23
orientailla@yahoo.com
Durante este días nos que non temos clases presenciais o departamento de orientación quere manter as súas portas abertas aínda que sexa dunha forma virtual. Desta forma poderemos manter o contacto vía correo electrónico, poderedes preguntar as vosas dúbidas, comentar as inquedanzas cara o futuro ou mesmo desfogarvos escribindo un mail, que é un exercicio moi bo.
Aquí tamén iremos publicando a información máis importante de cara á vosa orientación.
Aqueles rapaces e rapazas de 1º ESO que tedes material adaptado en BIOLOXÍA debedes rematar tódalas actividades que xa tedes do tema de fungos, moneras e protozoos e logo podedes descargar estar novas pinchando aquí. Según vaiades facendo ou teñades algunha dúbida consultade coa profesora da materia a través do correo aliciabioloxiaillasansimon@gmail.com
Unha vez rematas as tarefas anteriores sería proveitoso que fixérades esquemas sinxelos(premede enriba) que vos axuden a unha memorización máis significativa. Neste seno, é moi importante que fagades varias lecturas do tema para que rodeedes as palabras que non recordades o que significan e buscalas no dicionario, subliñedes con cor vocabulario novo e finalmente fagades os esquemas. Para que comprobedes o que sabedes do tema busqueivos uns exercicios de autoavaliación online (premede no subliñado).
Sorte!!
ADAPTACIÓN CURRICULAR CSXH
O alumnado con adaptación curricular en ciencias sociais, xeografía e historia tanto de 1ºcomo 2ºESO, tedes á vosa disposición as actividades a realizar premendo no voso grupo de referencia. A medida que as vaiades facendo, segundo o voso ritmo de aprendizaxe, así como para consultar calquer dúbida, podedes contactar co profesor da materia a través do seguinte enderezo foniredondela@gmail.com
Moito ánimo!!
VÍDEOS TITORIAIS
Posto que aínda temos que seguir na casa algún tempo máis polo ben de todos, para aqueles alumn@s con adaptación curricular en matemáticas e lingua castelá de 1º e 2º ESO prepareivos un documento pdf no que podedes atopar por materias e contidos enlaces a vídeos con sinxelas explicacións. Estes vídeos serviranvos de complemento ás actividades que tedes en novos recursos didácticos.
Recordade que tedes á vosa disposición o correo apoioillasansimon@gmail.com para consultarme calquer dúbida.
Deica pronto!!
NOVOS RECURSOS DIDÁCTICOS!!! (Actualizado)
Para aqueles alumn@s que vaiades rematando as actividades dos caderniños adaptados ou os exercicios de reforzo, déixovos a continuación novos recursos organizados por ámbitos para que elixades os que se vos adecúen (Pinchando sobre cada un deles teredes acceso directo).
(NOVO, premede aquí)
Lembrarlle aos alumnos que se incorporaron recentemente á aula de apoio que fagan o posible por seguir as indicacións de traballo descritas para o seu grupo de referencia en tódalas materias, agás en castelá e matemáticas que poden realizar as actividades dos ámbitos anteriormente mencionados.
Recordade que tedes á vosa disposición un correo para facerme chegar calquer dificultade de acceso aos diferentes contidos como as dúbidas na resolución das actividades.
EU TAMÉN QUEDO NA CASA!!!
RECURSOS INTERACTIVOS
Aquí poderedes ter acceso a diferentes páxinas web por materias: matemáticas, lingua castelá, lingua galega, inglés e mesmo a algunhas destinadas á aprendizaxe do español (Pinchade aquí)
Só tedes que pinchar en cada enlace e levaravos directamente a resumos básicos de teoría de contidos que estabamos traballando, ou mesmo xa dados, así como a actividades interactivas ou documentos pdf que podedes descargar.
A partir dos resumos de teoría podedes facer algún esquema, nas actividades interactivos xa tedes a corrección de maneira online e os documentos pdf contemplan exercicios similares ós feitos na clase.
Sempre que fagades algún esquema e/ou exercicio podedes consultar as dúbidas a través do correo: apoioillasansimon@gmail.com
Ánimo!!!
Xa non queda nada para a celebración de dita proba que como sabedes será o dia 3 de Xuño de 2015 finalmente no IES de Teis, aqui nos anexos vos deixo toda a información que debedes consultar, antes de nada revisade as listas de admitidos e recordade levar o xustificante que vos deron ó entregar a solicitude xunto co voso DNI ó exame. O día 26 de maio no recreo temos reunión para os que vos presentades.
MOITA SORTE A TODOS
Os alumnos e alumnas que cumpran 17 anos no ano 2015 e que queiran irse a un Ciclo Formativo de Grao Medio teñen a opción de presentarse a estas probas de acceso aínda que non teñan o Título da E.S.O. de feito están pensadas para alumnado que se prevé que non vaia a alcanzar o título da E.S.O. debido á súa idade e á historia escolar (repeticións de curso, dificultades académicas....). Recordade de todos os xeitos que o Título de Técnico que se obtén cos Ciclos Formativos de Grao Medio é equivalente ó Título de E.S.O. se rematades o Ciclo, se non o rematades non teredes ningún título. Os alumnos e as familias que desexen mais información poden solicitar cita co Departamento de Orientación.
Prazo de Inscripción: 7 - 20 Abril no IES Pedro Floriani
Data de celebración da proba: 3 de Xuño de 2015
9:00 Presentación
10:00 - 13:00 parte matemática e sociolingüística
16:00 - 18:00 parte científico técnica
Os alumnos e alumnas que teñan a proba superada de outros cursos deben solicitar no centro donde realizaron dita proba un certificado para poder solicitar Ciclos unha vez saia a orde de admisión.
EXEMPLOS DE PROBAS CAS SOLUCIÓNS CORRESPONDENTES
OPCIÓNS SEN TÍTULO DA E.S.O.:
OLLO:
Sen título de E.S.O. podedes acceder a certas ensinanzas que ó rematar vos ofrecen un título de validez equivalente ó da E.S.O. pero se non as rematades estaredes sen título de E.S.O. nin equivalente
Aínda que sen título da E.S.O. podedes acceder ó mundo laboral as opcións que ides ter son moi poucas polo que non compensa sair do mundo educativo tan cedo, a nosa recomendación é que continuedes formándovos no que queirades pero que continuedes
OPCIÓNS CON TÍTULO DA E.S.O.:
A ORIENTACIÓN NO IES ILLA DE SAN SIMÓN
No noso centro entendemos a Orientación Educativa como un proceso de desenvolvemento integral do alumno que se produce ó longo de toda a súa vida de forma contínua, que non só ten lugar no marco escolar senon en moitos outros de tipo social e por iso a orientación non debe intervir soamente sobre o alumnado senon tamén sobre o contexto.
Para consultar:
http://www.usc.es/gl/titulacions/titulac1e2ciclo.html
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oiu/descargas/marcapxxinas_2012.pdf
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/perfis/futuros/aponte/descargas/guia_sug.pdf
Preme na imaxe e accederás a información.
Preme no logo e accede a presentación.
Participa na carreira solidaria, mércores 19/12/12 na Alameda de Redondela ás 12.00h
Por mor do mal tempo queda aprazada para o mes de xaneiro.
Este é o sexto ano que o Departamento de Orientación traballa no programa da Consellería de Sanidade na prevención do tabaquismo na adolescencia. Aulas sen fume vai dirixido a to@s nos@s alumnad@s de 1º e 2º de ESO. Haberá concursos, charlas impartidas por profesionais da sanidade e moita, moita participación.
TRABALLOS ELABORADOS NAS
TITORÍAS DE 1º E 2º DE E.S.O.
AULA |
TRABALLO |
1º B | |
1º C | |
2º A | |
2º B | |
2º C |