Está aberto o prazo de solicitudes para a participación no Fondo Solidario de material para o vindeiro curso 2024-2025 (ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25).
As solicitudes poden presentaranse por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Farase 1 única solicitude por familia.
Tamén se pode presentar presencialmente no centro educativo.
Aquí tes unha infografía para guiarte no proceso educativo. A continuación poderás facer unha prematrícula non vinculante en 3º ESO e en 4º ESO.
https://view.genial.ly/64f97582a54c420019268029/presentation-oap23-24
Co obxectivo de elaborar un Plan de Mellora asociado ao programa PROA+ do centro, elaboramos uns cuestionarios que pretenden servir de guía e reflexión para alcanzar unha educación máis inclusiva. Estes teñen carácter anónimo.
Poden acceder aos mesmos a continuación:
Todo o alumnado que realizou a reserva ordinaria de praza para 1º ESO para o curso 2024-2025 está admitido no centro. Poderá realizar a matrícula no prazo ordinario.
Pódense consultar as listaxes no taboleiro do Instituto.
ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN (Para alumnado que non fixo a reserva de praza)
Do 21 o 23 de Abril
OBRADOIRO CREATIVO NA BIBLIO
Benvida ao IES Illa de San Simón
IMPRESO DE XUSTIFICANTE DE FALTAS DE ASISTENCIA (só no caso de ter problemas co abalarmóbil)
ÚLTIMA HORA (19/05/2022) FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL Convocatoria: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-020522-0001_gl.pdf
MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR. CURSO 2021/2022
Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia
PRESENTACIÓN DE INICIO DO CURSO 2021-2022 ÁS FAMILIAS
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2021-2022 OLLO. En 1º ESO, debido á entrada do centro no programa EDIXGAL, non hai libros de texto, pero si material. Podedes consultar a lista completa de libros e material para cada curso nas seguintes ligazóns: NOTA: Os libros de Bioloxía e Xeoloxía de 3º e 4º ESO agardar a setembro para confirmar a necesidade de compralos. |
RADIONDILLA
|
|
Velaqui vai o noso último número recén saído do forno.
PARA VER AS REVISTAS ANTERIORES PODES ENTRAR NO NOSO BLOG:
http://oedldoilla.blogspot.com.es/p/revista-fiestra-do-illa.html
Nos arquivos adxuntos publícanse as programacións do Departamento de Artes para o presente curso.
A continuación podese consultar a listaxe de libros de texto e material para cada curso. Non se debe mercar nada ata setembro, logo de que o alumnado teña as primeiras clases co profesorado.
GALIMATE 2023
NA NOSA BIBLIOTECA, DENDE O LUNS 29 DE MAIO E ATA O VINDEIRO 7 DE XUÑO
XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS
LUNS 5 DE XUÑO DE 18:15 A 20:00
Resumo dos prazos e o procedemento para presentar as axudas para o fondo solidario de libros de texto (alumnado de 4º ESO) e para adquirir material escolar (todo o alumnado)
Estes son os novos itinerarios para 4ºESO aprobados para o vindeiro curso 2023-24 no IES Illa de San Simón.
Os alumnos de terceiro que promocionen deberán elixir entre un dos tres itinerarios principáis, que xunto coa optatividade incluida en cada un deles pretende ofertar opcións adaptadas para todas as modalidades de bacharelato e módulos de formación profesional.