Ciencias Naturais

O alumnado de Ciencias de primeiro de Bacharelato participa no GALICIENCIA 2018.

O proxecto presentado polo alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo foi seleccionado para participar en Galiciencia, a maior feira científica da comunidade, que se celebrará en Ourense, do 9 ao 11 de maio. Está representado polas alumnas  Lidia Barreira e María Bouso.  Presentan o proxecto Rebinxe, para a recuperación da biodiversidade nos concellos de Mondoñedo, Abadín e Lourenzá. Galiciencia desenvolvese na Tecnópole de San Cibrao das Viñas e céntrase no cambio climático.

 

 

 

https://i.avoz.es/sc/tSokwLyH7W_b3mNjwDXU_mxMt_E=/600x/2018/05/09/001215... 600w, https://i.avoz.es/sc/bNaXCvFrw-fVCuRiYU_RhIayBYA=/900x/2018/05/09/001215... 900w" width="760" height="427">

Programa Fitofaladoiro

 

PROGRAMA FITOFALADOIRO

 

Este curso participamos por segunda vez no proxecto Fitofaladoiro, incluído no Plan Proxecta. O alumnado de 1º de ESO e algúns voluntarios/as de 4º de ESO recolleron mostras de plantas, que prensaron para a súa conservación, e entrevistaron a familiares e veciños para coñecer os seus nomes locais e os seus usos tradicionais.

 

A través da seguinte ligazón podedes acceder á información recollida durante estes dous cursos:

https://goo.gl/EtiSxW

 

Proxecto Ríos

 

PROXECTO RÍOS 

O alumnado de 3º PMAR, Ciencias Aplicadas de 4º  de ESO e Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato participou este curso no proxecto Ríos, incluído dentro do plan Proxecta. Fixéronse dúas inspeccións no río Valiñadares, unha en decembro e outra en xuño. A análise das súas augas deu como resultado un estado moi bo. 

Estes datos empregaranse para elaborar un informe anual sobre o estado dos ríos de Galicia.

Os alumnos de primeiro da ESO participan no programa "Mares de cultura, os nenos e o mar"

Os alumnos de primeiro de ESO participaron a pasada semana nas actividades desenvolvidas polo programa "Mares de Cultura, os nenos e o mar". Durante a xornada do martes 18 de abril asistiron a unha charla sobre recursos mariños e biodiversidade do entorno de A Mariña-Ortegal. As actividades completáronse cunha saída o xoves 20 de abril para descubrir a natureza da ría do Masma e a actividade do porto de Burela, en concreto a labor das redeiras.

Distribuir contido