Aberto o prazo de preinscripción para o Campus Científico de Verán "XuvenCiencia"

Despois do gran éxito dos pasados anos volve o V Campus Científico de Verán "XuvenCiencia", o campamento científico da USC no que cento trinta estudantes de ensino medio vivirán unha semana de experiencias inesquecibles.

O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC. O prazo de preinscrición ábrese desde o vindeiro venres 28 de abril ata o 8 de maio.

O fomento da convivencia, dentro e fóra das actividades científicas, constitúe un dos principais valores que se pretende impulsar dende o Campus e por iso, na edición deste ano, optarase por ofertar un maior número de prazas con aloxamento. O custe da matrícula con aloxamento é 140 €. Ofrecerase tamén un número limitado de prazas sen aloxamento cun custe de 75 € para aquel alumnado que prefira decantarse por esta modalidade.

http://www.usc.es/xuvenciencia/campus/gl