Xa podedes escoitar os podcast que participan no Concurso:
Este venres non tivemos sorte co tempo pero aínda así, na biblio, deu para moito.
Estivemos de ensaios para o concurso de relatos e fixemos experimentos de Samaín coas profes de FQ traballando sen descanso.
E a partir do MARTES vén a biblio nos recreos para participar no CONCURSO ou para ser PÚBLICO das contadas.
NON TEÑAS MEDO! Esperámoste!
Un ano máis o Equipo da Biblioteca xan ten preparado o noso
CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN.
Esta vez o Protocolo Covid non nos permite facer contadas na biblioteca pero temos outros recursos: podedes crear un relato escrito e presentalo ao concurso pero... que tal si creamos relatos con:
- vídeo Tiktok
- historias con Whatsapp
- narramos a contada nun podcast
- gravamos nun vídeo da nosa propia contada
- creamos unha curtametraxe ????
Non deixes pasar esta oportunidade e divírtete creando a historia que ti queiras coa temática do Samaín.
Esperámoste na BiblioSanPaio!!!
Máis información nesta presentación ⇊ ou na Biblioteca. ;)
Paula, Ainhoa, Lucía, Lucas e Kevin: Gañadoras e Gañadores do I Concurso de Memes contra o machismo e a violencia de xénero #troleandoaomachismo
Bravo por implicarvos, por pensar por vós mesmos e por ser quen de plasmalo graficamente dunha forma tan radicalmente actual.
Mil parabéns, valentes, e que vos guste o voso premio!
SERÁS TI O QUE LEVES O PREMIO???
VEN Á BIBLIOTECA NO 1º RECREO DO MARTES E SABERÁS QUE RELATOS SON OS GAÑADORES.
ESPERÁMOSVOS!!!!!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer