Skip to Content

XOGOS

A nosa biblioteca segue a crecer con novos espazos: XOGOS DE MESA

E seguimos a crecer, a actualizarnos e fomentar o noso espazo da Biblioteca como lugar inclusivo e no que calquera membro da Comunidade Educativa teña un lugar no que seguir formándose.

Esta vez ímosvos presentar un novo espazo: OS XOGOS DE MESA.

Estamos a ampliar os materiais dispoñibles para o uso na sala e o préstamo e inauguramos este novo servizo.

 

Os xogos están ubicados nas baldas nº7  e o seu uso e préstamo realízase solicintándoo ao alumnado voluntario ou no mostrador.

Podedes saber máis dos xogos que temos no seguinte documento

De amoribus (IX) Heliogábalo

UN EMPERADOR TRANSEXUAL

Falaremos de Heliogábalo (emperador romano entre os anos 218 e 222) cuxa orientación e identidade sexual son obxecto de discusión.

Casou en cinco ocasións con mulleres, unha delas a sacerdotisa vestal Xulia Aquilia Severa. Cómpre sinalar que, na antigaheliogabalo Roma, as vestais consagraban a súa vida á deusa do fogar, Vesta, e debían permanecer virxes durante trinta anos. Heliogábalo xustificou a súa conduta dicindo que casaba coa vestal para ter unha descendencia que se parecería aos deuses.

Tampouco ocultou a atracción que sentía polas persoas do seu mesmo sexo.  Neste senso e segundo Dión Casio, a súa relación máis estable parece ser a que mantivo con Hierocles, un escravo auriga  que adquirira gran prestixio nas carreiras de cuadrigas e ao que se refería como o seu marido pois nas súas relacións homosexuais Heliogábalo adoptaría abertamente un rol de submisión cos seus amantes masculinos, algo mal visto en Roma e aínda peor no caso do emperador. A tal extremo chegaba a submisión de Heliógabalo (Herodiano descríbeo como “encantado de ser chamado a amante, a esposa, a raíña de Hierocles”) que desexou nomear césar a Hierocles e exercer el de consorte para todos os efectos, algo que o Senado rexeitou rotundamente.

A Historia Augusta sostén que tamén casou cun home chamado Aurelio Zotico, un atleta de Esmirna máis dotado para o sexo que para o deporte, esta relación rematou co envelenamento de  Zotico promovido polo celoso Hierocles segundo algunhas fontes ou co seu exilio, segundo outras porque non satisfixo o apetito sexual do emperador.

Tanto Dión Casio como Herodiano din que  Heliogábalo coidaba a súa beleza natural lucindo demasiado maquillaxe, pintando os ollos, depilándose, lucindo perrucas, adornándose con colares de ouro e vestindo roupas delicadas e lixeiras.

O mesmo Herodiano faise eco de que o emperador ofrecera cartos a esgalla ao médico que puidese dotalo de xenitais femininos polo que talvez esteamos ante o primeiro personaxe histórico imaxe modernatransxénero, moi probablemente transexual.
Nos prostíbulos e no mesmo pazo imperial gozaba dos servizos das prostitutas, incluso vestíase e comportábase como unha delas e dáballes consellos para ser máis hábiles nas artes amatorias. 

Para altos cargos imperiais designaba  a algúns dos seus amantes masculinos, primando aos máis atractivos, ou incluso a aqueles que tivesen un pene máis grande.

O goberno excéntrico deste emperador rematou o 11 de marzo do 222 cando polos seus propios gardas foi afogado na mesma latrina onde se refuxiara.  O seu corpo foi arrastrado por Roma e colgado de garfos, logo o seu cadáver é arroxado ao Tíber, tiña 18 anos.

CRÉDITOS:

http://lialdia.com/2011/07/heliogabalo-el-emperador-travesti/
http://lialdia.com/2011/03/heliogabalo-varius-avitus-bassianus/#more-27123
https://www.lavanguardia.com/historiayvida/la-vida-sexual-del-emperador-heliogabalo_12216_102.html
https://psicologiaymente.com/biografias/heliogabalo
https://www.merca2.es/heliogabalo-emperador-dia-puta-noche/
Busto de Heliogábalo. Foto: Wikimedia Commons / José Luis Bernardes Ribeiro / CC BY-SA 4.0.

 

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 22:00
Distribuir contido


by Dr. Radut