Dentro da materia Estratexias de Aprendizaxe e Comunicación, disfrutamos dunha entrañable actividade: Patrullón de contadas que consiste en preparar contadas para ilas contar axs cativxs da Galiña Azul.
E un ano máis alí estivemos gastando os nosos recreos con outro tipo de divertimento. Parabéns a todo o alumnado que voluntariamente participou nas contadas e "perdeu" moitos recreos ensaiando.
Un ano máis, desde a Biblioteca e coa colaboración do Departamento de Relixión e da materia de Estratexias de Comunicación, o alumnado de 1º de ESO ven de apadriñar á cativada da Galiña Azul. Cos seus álbumes ilustrados ás costas e o seu bo facer, o noso alumnado usa os seus recreos para ir ler contos xs máis peques que xs están esperando cos brazos abertos. Unha experiencia igual de fantástica para os rapaces e rapazas do noso IES como para os nenos e nenas da Escola Infantil. Unha simbiose perfecta.