Comic-con

II Comic-con Tuitaku

O vindeiro luns 10 de febreiro, o Club Tuitaku convida a 5 clubes (IES de Valadares e Alexandre Bóveda de Vigo, IES As Barxas de Moaña, Escolas Proval de Nigrán e o IES Indalecio Pérez Tizón de Tui) a pasar a xornada lectiva no noso centro na nosa II Comic-con ofrecéndolle un abano dunhas quince actividades distintas nas que van participar.

 

Ademais disto nesta Comic-con dous centros convidados desenvolverán as súas propias actividades: Unha simbiose total.

 

O grupo Tuitaku, formado por uns 45 alumnos e alumnas, están a traballar sen descanso para ofrecer este evento ás casi 100 persoas convidadas. Unha gran aprendizaxe e traballo colaborativo que non deixa de ser un gran paso no desenvolvemento de moitas das competencias clave.

 


 

CLUB TUITAKU presenta a COMIC-CON na RADIO DE TUI

 

Antía Fernández (2º Bach), Diego Saavedra (2º Bach), Gabriela di Marco (1º Bach), Yago Capllonch (4º ESO), Daniela Sanz (3ºESO) e Ana Castro (3ºESO) como representantes do Club de Manga e Anime do noso IES serán entrevistadxs na Radio de Tui co gallo da I Comic-Con Tuitaku na que teremos como convidados outros catro clubes de Manga dos IES Paralaia (Moaña), Álvaro Cunqueiro (Vigo), Valadares (Vigo) e Indalecio Pérez Tizón (Tui).

Poderedes escoitar a entrevista no seguinte enlace da RADIO MUNICIPAL DE TUI: ESCOITAR EN DIRECTO

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer