Skip to Content

premios

Unha narrativa feminina de premio!

       A novela As malas mulleres acaba de obter o Premio Nacional de Narrativa 2022.
    Marilar Aleixandre, a súa autora, convértese así na quinta muller en obtelo. Esta obra xa fora galardoada no ano 2020 co premio Blanco Amor.

    Aproveitamos a ocasión para rescatar o artigo que o crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 18 de xuño de 2021, na sección “Ex umbra in solem”:

   “Imaxina Marilar Aleixandre, nesta novela galardoada co Premio Blanco Amor, vidas e actitudes -resilientes tantas veces- dun pasado que, ata agora, non constituíu un marco temporal que se abordase en ningunha novela contemporánea. Tal é o dese período que cadra coa data de publicación do fundacional Cantares gallegos e non casualmente pois poemas dese libro, mesmo a presenza rosaliana evocada nalgún faladoiro, percorren algunha pasaxe clave deste libro.

     Velaquí un territorio que acolle ficción, naturalmente, mais tamén deseña unha época na que se visibiliza o labor de figuras máis coñecidas como Juan de Vega, Concepción Arenal ou a propia Pepa a Loba, contempladas en momentos claves da súas biografías, e as vidas desas mulleres encarceradas na prisión da Galera coruñesa entre as que salienta unha delas, Sisca, na que se pon o foco tanto para simbolizar a desgraza persoal que sofre inducida polo infortunio e a atmosfera social como para representar con ela un posicionamento ético e vital que, en tantas ocasións, se sostén grazas á memoria e ao amor.

    Construída con atinadas doses epistolográficas e alicerzada nunha exemplar e plástica reconstrución de atmosferas, non rexeita asomarse ás polémicas ideolóxicas do tempo a carón, ás veces, de incorporar un diálogo coral con textos literarios galegos da época que entendo como un dos seus grandes valores. Todo se tece, talvez, desde unha perspectiva panóptica -non é difícil tampouco ver nestas páxinas o gromo dun guión cinematográfico espléndido- tan acaída a unha proposta na que se fala da vida dunha prisión, desas “malas mulleres” en terminoloxía da época, sometidas á incomprensión, aos xustillos sociais aínda hoxe tan presentes, á infamia e ao trato inhumano, ás dificultades da vida cotiá naquel contexto e fóra del. Reclusas mergulladas nuns muros case infranqueables de silencio e esquecemento onde a sororidade, a aprendizaxe dun oficio e a importancia da lectura -memorables as páxinas nas que Sisca aprende a ler- se converten na forza motriz e na esperanza de tantas vidas. Probablemente unha das novelas máis salientables deste ano”.

https://cadernodacritica.wordpress.com/2021/06/19/as-malas-mulleres-de-marilar-aleixandre/

Se premes aquí tamén podes ler a recensión que da novela fai o crítico Xosé M. Eyré.

Mais... mellor ler a propia obra...  a que agardas? Está ao teu dispor no catálogo da nosa biblioteca!

ENTREGA DE PREMIOS RELATOS DE SAMAÍN ´19

SERÁS TI O QUE LEVES O PREMIO???

VEN Á BIBLIOTECA NO 1º RECREO DO MARTES E SABERÁS QUE RELATOS SON OS GAÑADORES.

ESPERÁMOSVOS!!!!!

Premiad@s contadas de medo 2018

Aproveitamos o último día de clase do trimestre e do ano para facer entrega dos premios @s gañador@s do concurso de contadas de medo. A nosa compañeira escritora Iria Misa fixo entrega de libros da súa autoría (Xa non estou aquí, Segredos no Solpor e Mamá, quero ser Ziggy Stardust) con dedicatorias personalizadas a cada premiad@; axendas, marcapáxinas  e diplomas completaron o recoñecemento a:

Alba Estévez e Marcos Cruces (1º premio)

Heimi Olalla, Lucía Pérez e Samuel Vaz (2º premio)

Elena Carrera, Carla Moledo e Mirem Moledo (3º premio)

Rebeca Pereira, Marta Quinteiro e Marta Rodríguez (accésit)

Parabéns a tod@s @s participantes e, dun xeito especial, @s galardonad@s!

Distribuir contido


by Dr. Radut