Uns versos da recente galardoada co Premio Nacional de Poesía 2023:![](/centros/iessanpaio/system/files/u19/yolanda%20casta%C3%B1o2.jpg)
A VOZ DA ÉPOCA
Os croissants desta mañá
xa saben algo resesos.
Os xornais sobre a mesiña
son unha fame ventrílocua.
Quixera que a visión non fose
un acto irreversible,
que o noso sentido da historia se estendese
ata máis alá do almorzo.
Apearnos de cada playback,
coreografía das entrevistas.
Xa non verdades como puños, verdades como![](/centros/iessanpaio/system/files/u19/a%20segunda%20lingua.jpg)
mans abertas.
Os titulares teñen un gusto a conversa de ascensor,
o mundo, un gran programa de escritura preditiva.
A noticia lida con máis convencemento
é aquela sobre a que
pelo unha pataca.
Moita información está perdendo os papeis.
A verdade havos facer
escravos.
(Yolanda Castaño, Compostela, 1977, in A segunda lingua, Editorial Arte de Trobar, 2014)