Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade chéganos un novo díptico para conmemorar este 23 de abri.
Neste ano de xeografías lectoras e de mobilidades restrinxidas, apostamos polas viaxes virtuais e, para facilitalas, creamos este mapamundi literario ligando cidades e países con libros cuxa lectura lévamos a distintos lugares espallados polo amplo mundo; os libros son os puntos de apoio dos fíos desta arañeira que podemos seguir tecendo ao longo dunha vida chea de lecturas. Velaquí o inicio do noso particular google maps literario.
Despois de feita unha selección de libros convidamos ao alumnado a tirar unha foto integrándose na portada. Xa temos un monllo de creacións. Velaquí a exposición montada con algunhas das fotos:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Celebramos o día do libro viaxando virtualmente polo ancho mundo a partir dalgúns dos fondos da nosa biblioteca. Ligamos cada libro coa cidade, co pais correspondente e así nutrimos esta pequena arañeira.
En galego polo mundo!
Da África subsahariana ao Pacífico, de Praga a Londres, de Xerusalén á Habana... Unha invitación a circunnavegar o mundo da man de autores e autoras galegos porque en todas partes hai unha galega, un galego.
Velaquí algunhas lecturas que nos levarán de viaxe polo mundo sen abandonar a nosa lingua.
Únete a nosa singradura e que teñas unha boa viaxe acompañado de bos libros, comodamente instalado na cadeira de brazos do teu fogar!
Quen dixo que están restrinxidas as viaxes? Vacínate, sen efectos secundarios, con libros que che van permitir percorrer múltiples xeografías, desde as terras que rega o Nilo ata o país do Sol Nacente, desde Australia ata os Estados Unidos. Fai a túa propia volta ao mundo embarcándote en diversas lecturas. Aquí propómosche algunhas: todas as que están son pero hai moitas máis que son pero non están: constrúe o teu particular mapamundi e traza o teu itinerario persoal. Lembra que os libros garanten viaxes totalmente seguras así que Ánimo!: e cando emprendas a túa viaxe pide que o camiño sexa longo, cheo de libros, cheo de experiencias... Felices viaxes, felices lecturas!
Parabéns ao alumnado de 1º da ESO e a súa profesora que, en tempos de coronavirus, abren e pechan (desde os seus fogares) libros e, sobre todo, LEN libros!
Neste 23 de abril imos celebrar un Día do Libro moi atípico.
O COVID-19 fainos a todos cartuxos.
Mais, aínda que en confinamento, podemos divisar desde as lecturas e os libros múltiples horizontes.
Os libros, fieis compañeiros neste arresto domiciliario, facilitan a nosa liberdade.
MENSAXE DA UNESCO PARA ESTE DÍA
Feliz día do Libro!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer