Skip to Content

Un par de novelas breves para o 14 F

Lara e Sabela (de Ignacio Vidal Portabales)

Novela con dúas protagonistas femininas: Sabela,  propietaria dunha galería de arte que goza facendo de modelo de Lara, unha artista que expón na súa galería. Sabela é lesbiana e está namorada de Lara. O eixe que vertebra a novela é a evolución do proceso de achegamento amoroso por parte de Sabela cara a Lara.  Lara, viúva recente, que non é lesbiana,  recibe todo tipo de apoio de Sabela. As dúas amigas len xuntas unha carta póstuma de Valentín, o home de Lara e pai de Ariel, froito dunha relación extraconxugal e ao que terán que coidar. Outros personaxes son as integrantes da seita das “Alumadas” ou o avogado que axuda ás nosas protagonistas para acoller ao bebé Ariel.
O autor con esta obra,  que non descoida o humor, é un dos poucos escritores varóns en abordar o tema do lesbianismo, outro caso similar sería o de Carlos Meixide que na súa novela Camiño de paixóns presenta como protagonistas a Olalla e Hiromi, unha parella de lesbianas que fan o Camiño de Santiago xuntas.


Dúas recomendacións lectoras para celebrarmos lendo o Día dos Namorados máis aló dos moldes do amor heterosexual e romántico.

 

VIDAL PORTABALES, Ignacio, Lara e Sabela,(XXVI Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey), Xerais, Vigo, 2020, 175 pp.

MEIXIDE, Carlos, Camiño de paixóns, (Premio de novela Camiño de Santiago, 2018), Galaxia, Vigo, 2019, 138 pp.



page | by Dr. Radut