Skip to Content

Novembro 2020

Olga Novo acaba de obter o Premio Nacional de Poesía 2020 por Feliz Idade, obra que segundo o xurado é “unha criatura viva que relaciona morte e maternidade cunha profunda presenza crítica da memoria histórica";  trátase dun conxunto de poemas escrito durante algo máis de medio ano mentres a poeta convivía coa enfermidade e morte do seu pai e o embarazo da súa filla, dous camiños en paralela oposición na xeografía da vida porque, como dixo Quevedo: “No hoxe e mañá e onte, uno/ cueiros e mortallas” Velaquí uns versos do poemario galardoado:

Dicir por exemplo
que virá a morte e terá os teus ollos
dicir que unha ten nostalxia das branquias
e que un tigre de tenrura
dicir o Pracer guiando o pobo
dicir e non arder... Como se pode?
(...)
Eu quixen parir
por ver se a contracción era un poema eléctrico
se a vida pode aínda dilatarse como a vaxina da femia
se a éxtase se completa ao saír unha mesma dunha mesma
entre o sangue
e a placenta
se a sinfonía louquea co ritmo umbilical
ah, e se aquel grao de trigo aquel grao
acaso sexa o grao de beleza que podemos soportar.

Olga Novo (Vilarmao-A Pobra do Brollón, 1975)




page | by Dr. Radut