Abril 2020
Tí e máis eu
(Non falemos dos bobos
que tódolo adeprenden nos libros.
Non falemos dos parvos
con cara de domingo;
nin dos sapientes memos,
nin dos túzaros listos,
nin do eterno mal gusto
dos probes novos ricos).
Falemos de tí e min
xa que vivimos.
Tí i eu nos ventos
e nos solsticios.
Tí i eu nos bosques
e nos ríos.
Tí i eu, historia
de corpos nidios.
Tí i eu, saudade
de álbores íntimos.
Tí i eu sin tempo
polo tempo imos.
Tí i eu cantando,
chorando e rindo.
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 – Vigo, 1979) in Longa noite de pedra (1962)
https://www.escritas.org/pt/t/1884/ti-e-mais-eu