Skip to Content

Outubro 2020

Novembro 2020

Esto te va a sorprender
de
Hank Green


    Primeira novela do irmán de John Green na que aparecen combinadas situacións da vida cotiá con elementos propios da ciencia ficción.

    Ao regresar ao seu fogar April May, protagonista da obra, descobre un misterioso obxecto, aproveita para filmalo e colgar o vídeo na internet. O seu vídeo faise viral; as misteriosas esculturas que filmou expándense polo mundo e a xente pensa que se trata de obxectos alieníxenas. Como April documentou, a primeira, tan anómalo fenómeno, a súa vida transfórmase de xeito radical por mor dunha fama repentina.

    As redes sociais, a radicalización dos discursos e a deshumanización que provoca a fama, son tan só algúns dos grandes temas que aborda esta novela.  Sobre isto, o propio autor declarou: “Temos moito que aprender sobre como utilizar as novas ferramentas que están a efectuar un cambio xigantesco na cultura. É urxente facer algo”. “Preocúpame porque creo que o impacto da internet no ámbito cultural, emocional e social non fixo máis que comezar”
    
    (...) Vuelvo a aquella fatídica noche de enero. Faltaba una semana para el lanzamiento de la mierda de app en la App Store, y yo estaba esperando a que aprobaran varios cambios en la interfaz de los usuarios, en fin, a ti eso te da igual…; era un coñazo. En lugar de llegar temprano al trabajo, me quedé hasta muy tarde. Siempre lo había preferido. Se me había secado el cerebro intentando entender las crípticas instrucciones de los jefes, que no eran capaces de diferenciar un ráster de un vector. Salí del edificio (era un local de coworking, ni siquiera un local propio en alquiler) y caminé los tres minutos que me separaban de la estación de metro.
    Y entonces, ¡no sé por qué!, la máquina expulsó mi tarjeta del metro. Tenía otra tarjeta en mi mesa de trabajo, y no estaba del todo segura de cuánto dinero me quedaba en la cuenta corriente, así que creí que lo más prudente era recorrer de nuevo las tres manzanas y volver al despacho.
    La señal que indica que puedo cruzar está encendida, así que cruzo la calle Veintitrés y un taxi me pita, como si no estuviera en un paso de peatones. De qué vas, tío, la señal está encendida. Giro en dirección al despacho y de repente lo veo. A medida que me acerco, tengo claro que es… una escultura extraordinaria, realmente extraordinaria.
    Sí, es increíble, pero también Nueva York es increíble, ¿sabes?
   ¿Cómo explicarte cómo me sentí? Supongo…, bueno…, en Nueva York puedes pasarte diez años intentando hacer algo sorprendente, algo que capte la esencia de una idea con tanta perfección que de repente el mundo sea diez veces más claro. Es bonito, tiene fuerza y alguien le ha dedicado gran parte de su vida. Las noticias lo comentan, todo el mundo dice «¡Es genial!», y al día siguiente lo olvidamos y prestamos atención a otra cosa absolutamente perfecta y sorprendente. Eso no implica que esas cosas no sean maravillosas y únicas… Es solo que hay un montón de gente haciendo cosas increíbles, así que acabas un poco harto.

Le un fragmento neste enlace

E nesta entrevista, o autor recoñece os problemas que sempre ten para crear algo novo, ós medos aos que se enfronta buscando unha solución para continuar e a actitude que adopta é confiar en si mesmo, o cal lle resulta moi difícil. Para el, escribir un libro é un proceso de desgaste que lle aporta una gran recompensa. No seu libro, como el mesmo di, non todo é bo pero cando volvía ler o xa escrito pensaba que valía a pena continuar escribindo. Tamén nomea ás persoas que lle axudaron neste proceso, a súa muller e o seu axente quen sempre o animou a seguir escribindo. Na novela, tamén se fai mención ao feito de ser famoso, as vantaxes (querer ser famoso) e os inconvenientes (o público pode ser cruel). Por último, fai referencia ao blog que comparte co seu irmán.

 

Citas de biblioteca

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O Equipo da BIBLIOSANPAIO quere conmemorar este Día das Bibliotecas Escolares e agradecer a toda a Comunidade Educativa polo seu apoio e participación nas nosas propostas, especialmente ao equipo de alumnado voluntario que cada día aporta o seu traballo, sorrisos e marabillosa compañía que tanta falta nos fai e ao resto dos rapaces e rapazas que conquistan este espazo tan máxico e que tanto disfrutamos xuntxs.

PARABÉNS!!!! 

Concurso de relatos de medo Samaín´20

Un ano máis o Equipo da Biblioteca xan ten preparado o noso

CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN.

Esta vez o Protocolo Covid non nos permite facer contadas na biblioteca pero temos outros recursos: podedes crear un relato escrito e presentalo ao concurso pero... que tal si creamos relatos con:

- vídeo Tiktok

- historias con Whatsapp

- narramos a contada nun podcast

- gravamos nun vídeo da nosa propia contada

- creamos unha curtametraxe ????

Non deixes pasar esta oportunidade e divírtete creando a historia que ti queiras coa temática do Samaín.

Esperámoste na BiblioSanPaio!!! Guay

 

Máis información nesta presentación   ou na Biblioteca. ;) 

As xeografías líricas dunha Nobel

O pasado día 8, primeiro xoves de outubro, a Academia Sueca anunciaba a concesión do Nobel de Literatura deste ano á estadounidense Louise Glück.
Por decimosexta vez este galardón, con máis dun século de traxectoria, recae nunha muller.
A celebración do Día das Escritoras pode ser un bo momento para percorrer as súas xeografías líricas.
Velaquí unha escolma urxente para coñecermos algúns enclaves do seu particular mapa poético.
(Preme na imaxe)
xeografías poéticas

Cen anos con Delibes

O 12 de marzo de 2010 o noso club de lectura "Pedra do Acordo" redactaba a seguinte necrolóxica en lembranza de Miguel Delibes.

 
necrolóxica
 
Pasados algo máis de dez anos e medio, hoxe 17 de outubro, festexamos o centenario do nacemento deste novelista valisoletano e aproveitamos a efeméride para enlazar un traballo que nos achega a distintos aspectos da súa vida e obra:
 

Tamén se premes aquí poderás ler algúns dos seus contos.

Xeografías de Escritoras

O luns, 19 de outubro deste desacougante 2020, celebramos unha nova edición do Día das Escritoras. Con tal motivo aproveitamos para percorrer, mapa en man, vinte e unha xeografías de escritoras.

Porque a escritura en feminino atravesa todas as fronteiras, cingue todos os mares, abrangue todos os continentes e pertence a todas as épocas, precisamos facela visible; necesitamos poñer letra, voz e cara a tantas plumas femininas que viven no esquecemento ou sofren ostracismo.

Preme nos puntos sinalados nos mapas e poderás coñecer biografías, textos, artigos, entrevistas, vídeos... de e sobre distintas autoras, acabarás recoñecendo que escritura é un substantivo de xénero feminino e de número plural.

 

Unha Mafalda galega

Elaboraramos esta presentación partindo da reportaxe que o Faro de Vigo fixera o 5 de outubro de 2014 a propósito do cincuenta aniversario de Mafalda e a entrega do premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades ao seu creador, Quino. Hoxe, cando aínda temos recente o pasamento do humorista arxentino, recuperamos este pequeno traballo:



by Dr. Radut