Skip to Content

Novembro 2018

Decembro 2018

La letra pequeña

Hace un par de cambios de vidaportada
descubrí que estar donde quieres
es mucho más divertido
que estar donde no quieres,


que decir lo que sientes
es bastante más placentero
que no hacerlo,


y que abrazar cuando te apetece
es infinitamente más bonitop benito
que cuando te obligan.


Y con todo esto
y sus viceversas
aprendí a no darle vueltas
a las cosas que marean,


aprendí a no hacer nada
que tenga que explicar
y a no querer nada
que tenga que pedir.


Aprendí que
cuando quieres estar cerca
no estás lejos,


sin más.


Da igual lo que diga
la letra pequeña del cuento.

Patricia Benito (Las Palmas, 1978)

https://www.zendalibros.com/lado-del-sofa-poemas-patricia-benito/

 

 

 

 

Decembro 2018

´O segredo da casa de Formoso
de
Héctor Cajaraville

    Libro de  lectura áxil e sinxela. Agocha un pequeno misterio que xira arredor dos sentimentos dun rapaz, fillo de emigrantes nos Estados Unidos, que comezando a ser cajaravilleadulto descobre que non todo é o que parece, ao descubrir unha Galicia descoñecida para el cando busca as súas raíces. Tamén fai unha certa crítica social ao tratar o tema da Guerra Civil e as inxustizas que a rodearon. En resumo: unha entretida narración para coñecer a emigración, os seus segredos e  a nosa tráxica historia.

    (...) Quen chama por el é unha moza algo maior ca el, baixa e co cabelo negro e moi crecho, ao estilo das mulleres de raza negra. De primeiras David non a recoñece, pero ao ver que ten ao seu carón o tío Pastor axiña se decata de que é algunha das súas curmás. Cando chega á altura deles, a moza dálle dous bicos e o home unha sonora aperta.
    Xa era tempo de que nos coñecésemos, non che parece? Mira que non vires por aquí en tantos anos, parece mentira. Só te vimos daquela que te trouxeran os teus pais, debías ter ti dous ou tres meses -David quere dicirlle que tiña seis, pero o home continúa falando-. Tamén a túa nai ben te puido traer o ano pasado, cando foi o... o da avoa. Na casa todos contabamos contigo, pero xa nos explicou ela o dos estudos e todo iso. Ti leva a bolsa, que das maletas xa me ocupo eu -a resolución do tío non lle deixa ao mozo posibilidade de protesta-. Pero se es unha cuarta máis alto ca min! Non sei a quen te imitas, nesta familia todos somos máis ben pequenos. Será pola comida de aló, todo a base de manteiga e graxa...
    David non é capaz de meter palabra ningunha ante o monólogo incesante do seu tío, e limítase a asentir e sorrir.
    -Que tal a viaxe, todo ben? A min non me chista nada voar. Só me fío dos pilotos`portada porque eles van tamén dentro do aparello e supoño que aprecian a súa propia vida, que se non... E vaia enredo ese de ter que andar cambiando de avión, non? Pero claro, non imos pedir irmos directos desde Santiago a todos os sitios do mundo. Aínda que si fose pola cantidade de galegos que van e veñen dun lado para outro... Pero non nos imos queixar, que desde aquí pódese ir a unha morea de países, non é coma antes, que fóra de Londres... E Xenebra, claro, polos emigrantes en Suíza. Agora que o penso, tampouco ´é que mellorase moito a cousa, aínda acaban de quitar un voo que había a Istambul. Pero calquera vai a Istambul, tal e como está o asunto por alí -de súpeto, Pastor interrompe a súa enxurrada verbal-. Ah, esta é a túa curmá...

       Héctor Cajaraville naceu en 1974, en Santiago. Estudou Xornalismo. Foi  responsable de prensa na Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, na Universidade de Santiago de Compostela e no Concello de Santiago, e redactor nos xornais La Voz de Galicia e De Luns a Venres. Na nosa biblioteca tamén podes atopar outros dos seus títulos como Nova Nursia, A caixiña dos rancores ou Once portas.

 

 

 

 

Muller e ciencia: feminino e plural

Muller e ciencia concordan en xénero, é o que nos demostra Las chicas son de ciencias.

Desde Agnodice, muller que tivo que colocarse a careta de home para poder alcanzar o

seu soño de ser médica ata a madrileña María Teresa Toral, química e farmacéutica

represaliada, pasando por Ángela Ruíz Robles, leonesa precursora do libro electrónico,

foron moitas as mulleres pioneiras que escribiron páxinas gloriosas no libro da ciencia.

A piques de rematar novembro, mes da ciencia na biblioteca escolar, recomendamos

esta lectura divulgativa para coñecermos mellor a contribución feminina á ciencia.

 

CÍVICO, Irene e PARRA, Sergio, Las chicas son de ciencias. 25 científicas que

cambiaron el mundo, (ilustrado por Nuria Aparicio), Penguin Random House,

Barcelona, 2018 (1ª ed., 3ª reimpresión), 115 pp.  

 

portada

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

RESUMO DO QUE FOI, DO QUE ACONTECEU, DO GRAN EQUIPO QUE SOMOS. 

E DENDE O IES SAN PAIO DICIMOS:

NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

13 poemas para o 25 de Novembro

25 novembro: Día internacional contra a Violencia contra a Muller

Mañá, venres, imos conmemorar un ano máis o Día contra a Violencia contra a Muller e -engadimos- contra os nenos e nenas das familias desas mulleres.

Despois de traballar nas titorías e en distintas clases, culminamos os actos deste día cunha representación de música e danza de alumnado de 4º ESO e 1º de Bach que terá lugar no SALÓN DE ACTOS no 1º recreo.

Durante toda a mañá poderemos ver o vídeo coas mensaxes do noso alumnado no recibidor do centro.

Ao término do 2º recreo, poderemos sentirnos a PEPA da historia que conta a socióloga Carmen Ruíz Repullo e decidir por onde queremos subir as escaleiras e cales son as consecuencias da nosa escolla.

Lecturas mariñás



by Dr. Radut