Skip to Content

Novembro 2017

Novembro 17

 

agraTrampa de luzportada

 de

 Agustín Agra

Unha novela de medo e fantasía, na liña das mellores historias de H. P. Lovecraft, cuxa protagonista é unha adolescente experta en fotografar avelaíñas cunha trampa de luz. Mais cando chega á vila un tanxedor de campás suceden feitos anormais. Co son das badaladas aparece, entre outros fenómenos estraños, unha descoñecida especie de paxaros da que Irene, tal é o nome da nosa protagonista, non atopa referencias cando consulta as guías de aves da biblioteca paterna, un territorio ideal para todo tipo de investigacións. Inserindo e mesturando referencias ao campo da bioloxía e da literatura e os libros, a obra avanza na procura dun segredo aniñado nas tebras da noite.

Irene é unha rapaza teimuda, e sacarlle fotos a canto animal ou planta atopaba para logo tratar de recoñecer a súa identidade convertérase nunha das súas actividades favoritas. Por suposto que lle gusta xogar cos amigos, e tamén ler e máis escoitar música, entre outras moitas distraccións. Non é un becho raro! Pódese considerar que a súa é unha afección un tanto estraña ou polo menos fóra do habitual, sábeo ben. Os compañeiros da clase din que é unha friki por facelo, pero a ela non lle importa.

O certo é que algunhas das especies que busca son doadas de atopar, pero dar con outras non é tan sinxelo. Hainas que non paran quedas en ningures e para sacarlles unha foto a xeito hai que ter moita paciencia. Mesmo as veces, cando lle saen desenfocadas ou mal de luz, pensa que quizais a culpa sexa súa e arrepíntese de coller xadrez en vez de fotografía nas extraescolares do colexio.

Para as avelaiñas, por exemplo, que só se deixan ver pola noite, non lle queda máis remedio que colocar unha trampa de luz. É fácil. Todo consiste en poñerlles unha fonte luminosa e un pouco de auga azucrada e logo agardar a que as presas acudan ao reclamo.

Xa refresca e Irene e o seu pai non demoraron máis tempo na terraza. Entraron na casa, atravesaron a sala e subiron as escaleiras que conducen ata o segundo piso. As paredes amósanse inzadas coas fotos que seus pais tiraron no transcurso das viaxes que fan cando teñen vacacións, a maioría ...

 

CONTADAS: CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN 17.

Aquí temos as fotos de todas as parellas e equipos que participaron no Concurso de Relatos de Samaín da biblio: 23 contos e a biblio chea de xente durante os primeiros recreos... e así levamos xa máis dunha semana

(Non esquezades premer nos números para ver aos nosxs participantes)



by Dr. Radut