Skip to Content

Novembro 2011

Decembro 2011

 

     ...Uf! Cando á miña nai lle  deu por quitar todos os espellos da casa e cambialos por uns pequenos, nos que só podías ver a cara, tivemos unha bronca... Ela a dicir que o facía polo meu ben, que eu non era quen de me ver no espello como era de verdade, que me “devolvía unha imaxe distorsionada”. Desde logo, miña nai podía chegar a dicir unhas cousas... Distorsionada... A que soa a algo como de circo? “Con vostedes, a famosa distorsionista...” Boh!, tanto ten. O caso é que eu case toleo cando cheguei á casa e vin que non había maneira de atopar un espello de corpo enteiro. Leváranos todos, mesmo o do roupeiro dos meus pais. Ao principio botáronlles a chave, pero un día deume un siroco e trinquei o pecho. Xa, xa sei que soa un pouco besta, e máis vindo de min, que nunca escachei un vaso, pero é que precisaba verme. Necesitaba ver que estaba ben, que non me estaba poñendo coma unha foca, era difícil de entender?...
    (...) Onde están as miñas cousas, os meus amigos, os meus pais, o meu cuarto, a miña bici, os meus cedés, a praia...?... Onde está a miña vida?!


     A autora, filla de emigrantes galegos, disecciona o comportamento físico e psicolóxico dunha moza vítima da anorexia. Marta, en forma de monólogo, dinos cal é a vida dunha anoréxica, o sufrimento dos seus pais, os desexos de superarse, a resistencia, a báscula... e tamén o abandono que remata na morte.

 

Decembro 2011

 

SOLSTICIO DE INVIERNO

Mi ropa irradia
un resplandor azul.
Solsticio de invierno.
Tintineantes panderetas de hielo.
Cierro los ojos.
Hay un mundo sordo,
hay una grieta
por la que los muertos
traspasan la frontera.


                                         (Tomas Tranströmer, 1931)

25 NOVEMBRO

Ademais do cartel e das audicións musicais (Amaral, Bebe, Pedro Guerra, Mago de Oz, Malú, Pasión Vega, Amnesia, Manuel Orta...) coas que ambientamos a entrada e os corredores do instituto, ofertamos a seguinte escolma de textos de variadas épocas e tipoloxías para traballar nas aulas.
Fronte ao maltrato, non baixemos os ollos; fronte aos textos baixemos os ollos porque ollos letrados son ollos con coñecemento e con coñecemento non hai maltrato.

 

BICENTENARIO DUN PRECURSOR DO REXURDIMENTO

 

NICOMEDES

PASTOR DÍAZ

(1811-1863)
  

 

Celebramos neste 2011 o douscentos aniversario do nacemento de Pastor Díaz, un viveirense relacionado con importantes figuras políticas e literarias da súa época.

Cómpre citar entre os escritores cos que tivo contacto a Espronceda, Larra, Donoso Cortés ou Estébanez Calderón.

Ocupou destacados cargos políticos sen descoidar a súa actividade xornalística e a súa produción literaria en prosa (narrativa, ensaios históricos e políticos) e tamén en verso.

Na literatura galega ocupa un lugar sobranceiro como antecedente do rexurdimento, autor dos primeiros poemas cultos en lingua galega no século XIX, adaptación á nosa literatura das églogas renacentistas. Estamos a falar do poema A Alborada (descrición dunha escena amorosa: o amado canta nun locus amoenus mentres espera o espertar da amada) e a Égloga de Belmiro e Benigno (rescatada por Xosé María Álvarez Blázquez, conta a tristeza do labrego Belmiro trala morte da súa amada e o conforto que recibe do seu amigo Benigno, un canto bucólico á beira do Landrove)

Para coñecer mellor as múltiples facianas de Pastor Díaz podes consultar algún destes enlaces:

  •  ficha do autor na BVG
  •  portal Galegos na plataforma Galiciadixital

 

Se queres ler A Alborada preme aquí

Aquí visualizas a edición facsimilar, feita polo Consello da Cultura Galega, tanto da Alborada como da Égloga

Podes coñecer a súa produción poética en lingua castelá entrando neste enlace da BVC    

Para finalizar, goza dos primeiros versos da Alborada neste curioso vídeo:

FAUSTINO REY ROMERO

 

 

O vindeiro 25 de novembro inauguraremos en Tui un sinxelo monumento a Faustino Rey Romero ao tempo que mantemos viva a petición dun Día das Letras, que esperamos próximo, para honrar a súa obra.

Celebremos os noventa anos do seu nacemento e os corenta do seu pasamento coñecendo un pouco da súa vida e obra. Podemos facelo con esta pequena publicación:

 

 

Para poder ler máis poemas podes acudir á escolma feita pola biblioteca do CEP "Brea Segade" de Taragoña (Rianxo).

Alumnos do mesmo CEP protagonizan este pequeno vídeo sobre a vida e obra do autor:

 

Novembro 2011

¡¿Y para qué sirve un libro?!
de
Alfredo Gómez Cerdá

... La mayor parte de las veces, el libro es introducido en una especie de abertura, entre otros libros, sobre un largo estante, donde permanecerá el resto de su vida, acumulando polvo y olvido. Pero, por fortuna, no siempre ocurre  esto. Un libro no solo sirve como adorno en un mueble librería... 

Un libro tamén serve para  ler... e para moitas máis cousas:

  • perder o Tour de Francia
  • afogar nun río
  • ter trixemelgos
  • pintar a casa
  • etc...

    . Doce relatos, cheos de humor e ironía, que  condensan vidas, afáns, medos, superacións, dúbidas e ilusións dun puñado de personaxes ligados, en positivo ou en negativo, a un libro; personaxes comúns, xentes que veñen e van e que, nalgún momento das súas vidas, acoden ao libro como obxecto, para que lles axude a nivelar unha mesa, a superar a súa vida gris ou a esconder os seus segredos...

 

Novembro 2011

OUTONO

Tarde pintada
Por não sei que pintor.
Nunca vi tanta cor
Tão colorida!
Se é de morte ou de vida,
Não é comigo.
Eu, simplesmente, digo
Que há tanta fantasia
Neste dia,
Que o mundo me parece
Vestido por ciganas adivinhas,
E que gosto de o ver, e me apetece
Ter folhas, como as vinhas.


Miguel Torga (1907-1995)

 




by Dr. Radut