Skip to Content

Outubro 2011

Vodas de sangue

Federico García Lorca, un dos poetas vítimas do canibalismo de 1936, é o autor dunha traxedia titulada Bodas de sangre. Así nomeamos a escolma de textos coa que lembramos os 75 anos do inicio da Guerra Civil e, de xeito especial, das súas funestas consecuencias nestas terras que rega o Miño xa próximo á súa desembocadura.

Naqueles días as augas do Miño ían tinguidas de vermello, levaban o sangue de mártires da xustiza e da legalidade.

Hoxe, 75 anos despois, non celebramos as vodas de prata daqueles cruentos sucesos, tampouco as de ouro, son as vodas de sangue, do sangue espallado en defensa das liberdades.

 

Benvido a Tui, pai do Balbino!

 

 

Si, o luns 24 de outubro temos en Tui ao pai literario do Balbino das Memorias dun neno labrego, compartirá con todos nós unhas horas no ano do cincuentenario da publicación desta obra.

Preparámonos para recibilo coñecendo, de xeito sucinto, a súa traxectoria vital e literaria, a presentación editorial de moitas das súas obras ou a súa fundación

Vexamos esta breve entrevista que lle fixeron nun dos moitos institutos que visita:

ou leamos estoutra moito máis longa.

Centrándonos xa nas Memorias, unha obra que admite múltiples lecturas en múltiples soportes e códigos, gocemos dunha das súas adaptacións teatrais e doutra musical.

 

E para finalizar, mentres esperamos que chegue a Tui a exposición Querido Balbino, aproveitemos o seu interesante catálogo.

  

Outubro 2011

 

Resurrección de Lea Tobery


A reconstrución das horas durante as que fun dada por morta empezouna Julia. Contoume que ao se decatar de  que o desmaio non era unha pallasada das miñas,púxose a pedir auxilio a berros. A profesora de historia, que estaba na outra punta do corredor do instituto, acudiu correndo.
-¡Non sei que lle pasa! -dixo atropeladamente Julia.
-Tranquila -contestou a profesora mentres sacaba o móbil do bolso.
Reaccionou con serenidade e chamou a urxencias. A ambulancia tardou poucos minutos en chegar. Dous paramédicos entraron ás presas no instituto cunha padiola e unha especie de carriño con diversos aparellos médicos.
-Derrubouse e perdeu o coñecemento. Iso é todo o que sei -informounos a profesora...
O paramédico encrequenado sacou un bisturí e cortoume o xersei...  Non me ruboricei porque estaba morta... naquel momento non volvín. Aferreime a Ethan. Non o quería deixar escapar. Era feliz nos seus brazos en medio daquel campo de centeo...

Emma viviu unha experiencia próxima á morte. Nela coñeceu a Ethan, con quen sentiu unha conexión especial, coma se fose á súa alma xemelga, o amor da súa vida... Mais, cando Emma volve en si, Ethan desaparece. Quen é: un anxo, unha ilusión, un sono, alguén que lle traía unha mensaxe que podería cambiar a súa vida para sempre?
Coa axuda das súas amigas, chea de dúbidas e ilusións, Emma emprenderá unha busca a través de médiums e cemiterios que a levará a segredos e sorpresas que non imaxinaba...

 

Outubro 2011

Sol de otoño,
última maravilla
de amarillas frondas,
tardes como páginas,
llanto con causa, casa
sin dintel del pobre,
cae, derrámate, sol
de otoño, sobre este niño
apoyado en el quicio
de la desgracia.

(Blas de Otero, 1916-1979)

Vicent van Gogh, Paisaxe de outono con catro árbores

 

Vicent van Gogh, Paisaxe de outono con catro árbores



by Dr. Radut